Arquitectura e urbanismo

O Servizo de Arquitectura e Urbanismo (SAU) é un servizo dependente da Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas. A súa función é participar na coordinación e realización das actuacións de índole urbanística, arquitectónica e tecnolóxica, desenvolvidas no ámbito territorial da UDC: os campus da Coruña e Ferrol.

Os seus obxectivos defínense a través dos termos planificar, xestionar e executar, referidos a acometer as accións necesarias para responder ás necesidades espaciais e ambientais da actividade universitaria.

Neste sentido, as actuacións do SAU quedan sintetizadas nos seguintes apartados:

  1. Planificación xeral do proceso urbanizador
  2. Planificación xeral do proceso edificatorio
  3. Planificación da dotación e equipamento do conxunto edificatorio
  4. Xestión da urbanización do espazo colectivo e do desenvolvemento e execución do proceso edificatorio.
  5. Planificación do conxunto das redes de instalacións da UDC desde un punto de vista ambiental, económico e social.
  6. Xestión enerxética, a través do control de facturación enerxética e sistema de telexestión centralizado que permite supervisar os rendementos das instalacións e aplicar as medidas correctoras pertinentes de forma preditiva anticipándose ás avarías.
  7. Xestión e control das redes de instalacións con sistemas de supervisión remota implementado.
  8. Xestión do mantemento das instalacións, controlando as periodicidades das revisións, inspeccións periódicas obrigatorias e o control de vidas útiles de equipos, custos globais de mantemento, etc...
  9. Mantemento, reparación e mellora do patrimonio edificado e urbanizado (edificios, viario, zonas verdes e espazo libre)