Domingo Calvo Dopico

Vicerreitoría de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade

Profesor titular de Comercialización e Investigación de Mercados. Facultade de Economía e Empresa.

Doutor europeo en Ciencias Económicas e Empresariais e profesor titular de Comercialización e Investigación de Mercados no Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

Posúe ampla experiencia docente na área de Mercadotecnia, Comportamento do Consumidor e Investigación de Mercados. Actualmente imparte docencia na Facultade de Economía e Empresa (campus de Coruña) e na Escola de Deseño Industrial (campus de Esteiro en Ferrol).

Posúe ampla experiencia na dirección e xestión de proxectos de investigación a nivel autonómico (Xunta de Galicia), nacional (Ministerio de Economía e Competititividade), europeo (Proxectos Interreg). É autor de publicacións en revistas líderes da área da comercialización e investigación de mercados, e igualmente participa activamente nos congresos nacionais e internacionais vinculados a esta área de coñecemento. Participou en proxectos do ámbito de natureza multidisciplinar conseguindo realizar transferencia aos sectores relacionados ou directamente implicados con estes proxectos. Realizou estadías de investigación en diversas universidades: Erasmus University of Roterdan, (Holanda, España); Aarhus School of Business, (Aarhus, Dinamarca); o Consello Superior de Investigacións Científicas (Madrid, España). Ten concedidos dous sexenios de investigación.

Actualmente ocupa o cargo de coordinador da titulación de ADE (2001-actualidade), participando activamente como membro das comisións de Calidade, Traballo de Fin de Grao e Académico-Docente.

Vicerreitor

Domingo Calvo Dopico
teléfono881 01 1148

Secretaria

Marifé Mella Pérez
teléfono881 01 1149
veis@udc.gal

Adxunto de Economía 

Luis Ángel Veiga Fernández
teléfono881 01 1010
economia.veis@udc.gal

Adxunto de Sustentabilidade

Manuel Soto Castiñeira
teléfono881 01 5688
oma@udc.gal


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal