Concurso de proxectos Cafetaría-Viveiro

Presentación

As institucións que promovemos este concurso cremos no emprendemento como aposta de cara á creación de emprego, e na economía social, en particular, como unha experiencia moi enriquecedora para aqueles que a practican polos valores que a caracterizan e pola súa flexibilidade, que a fai máis resistente fronte á crise. Por todo isto, queremos non só fomentar o emprendemento baixo a forma do cooperativismo, senón tamén dar un paso máis, queremos apoiar, asesorar e acompañar os promotores do proxecto que resulte gañador durante os catro primeiros anos de posta en marcha do seu negocio.

Xa que logo, animamos os emprendedores á presentación dun plan de negocio viable e con garantías de futuro, que deberá axustarse ás bases deste concurso.

Requisitos dos participantes

O concurso ten por destinatarios os estudantes dun ciclo formativo de FP ou que acabasen eses ciclos nos últimos catro anos e que teñan unha visión de futuro encamiñada ao desenvolvemento do seu propio negocio empresarial.

O grupo de emprendedores que participe no concurso deberá presentar o seu proxecto de negocio baixo a forma legal dunha sociedade cooperativa (mínimo tres persoas).

Documentación

Resolución

Comunicado da resolución