Comisión asesora de valoración de documentos administrativos

A Comisión Asesora de Valoración de Documentos Administrativos desenvolve entre outras as seguintes funcións:

  1. A identificación e análise das series e tipoloxías documentais que xeran os órganos de goberno, os servizos e as unidades administrativas da Universidade da Coruña, co fin de determinar o seu valor administrativo, legal, xudicial, informativo e histórico.
  2. O establecemento dos prazos e criterios de transferencia da documentación administrativa ao Centro de Documentación e Arquivo.
  3. A determinación dos criterios para levar a cabo a selección ou expurgo dos documentos, a fin de eliminar aqueles que non se consideren que deban ser conservados permanentemente.
  4. A adopción de pautas para o acceso á documentación.

Presidente: Carlos Amoedo Souto 

Vocais:

  • Juan Manuel Díaz Villoslada
  • Pedro López Gómez
  • María del Carmen Pérez Pais
  • María del Pilar Olmo Bosco

Secretario: José Luis Mínguez Goyanes