Sección de protocolo

O Regulamento de símbolos, honras e protocolo (aprobado polo Consello de Goberno na súa sesión do 22 de xullo de 2005 e reformado na súa sesión do 30 de outubro de 2008) constitúe a principal norma que regula o funcionamento desta sección.

De acordo con este regulamento, a misión da Sección de Protocolo é dar unha resposta adecuada aos actos institucionais, impulsando o seguimento do protocolo e do uso das normas xurídicas básicas do cerimonial, sempre co obxectivo de promocionar e difundir a imaxe da universidade tanto na comunidade universitaria como no resto da sociedade.

A Sección de Protocolo atópase situada nunha única oficina, que é onde se prestan os seus servizos. Está situada no Paseo da Maestranza (Reitoría da UDC, 1.º andar), próxima á Praza de María Pita (Concello da Coruña), en plena Cidade Vella, moi preto do hospital Abente Lago (antigo Hospital Militar). O seu horario de atención ao público é de 09:00 h a 14:00 h, de luns a venres (agás na primeira semana completa de agosto, que é de 09:00 h a 13:00 h)

Xefe de sección

Luis Antonio Basanta Lareo
Tel.: 981 167 000, ext. 1076
Correo electrónico: lbasanta@udc.es

Técnico en actividades institucionais

Salvador Joaquín Peña Diaz
Teléfono: 981 167 000,  ext.: 1172
Correo electrónico: spenad@udc.es

Enderezo

Reitoría
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001  A Coruña


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal