Carlos Amoedo Souto

Secretario xeral Carlos Amoedo Souto

Catedrático de Escola Universitaria de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña desde o ano 2002.

Especializado en dereito cultural, impartiu na Facultade de Humanidades diversas materias desta especialidade. Desde o ano 2004 imparte docencia na Facultade de Economía e Empresa.

A súa investigación céntrase no dereito policial, no dereito administrativo económico e no dereito cultural, con atención preferente ao Dereito autonómico de Galicia.

Conta cunha ampla experiencia en xestión pública, en especial no ámbito cultural. Foi asesor xurídico do Ilustre Colexio de Veterinarios de A Coruña (2002-2005); secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia (2005-2009); secretario das Fundacións Cidade da Cultura, Illa de San Simón e Museo do Mar (2005-2009); vocal do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela (2005-2009) e Secretario do Consorcio Galicia Navega Volta ao Mundo a Vela (2005-2011).

Desde maio de 2010, é secretario xeral da Universidade da Coruña e membro permanente da súa Mesa de contratación.

Secretario xeral:

Carlos Amoedo Souto
teléfono981 167 000 ext.: 1160

Secretario:

José Rodeiro Segade
teléfono981 167 000 ext.: 1161
secretariaxeral@udc.es


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000