Julio E. Abalde Alonso

Reitor da Universidade da Coruña

(Vigo, 1956)

Catedrático de Microbioloxía. Casado, con dous fillos. Licenciado en Ciencias Biolóxicas en 1978 e doutor no ano 1986 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

No ano 1985 comeza a súa actividade docente no Colexio Universitario da Coruña e no 1988 obtén a praza de profesor titular de Microbioloxía na USC, impartindo docencia nas Facultades de Bioloxía, Veterinaria e Farmacia. No ano 1991 obtén a praza de profesor titular de Microbioloxía na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña (UDC).

Xunto coa súa actividade docente, desenvolveu un continuado labor investigador no campo das microalgas: produción masiva e utilización en acuicultura, resposta fisioloxía á presenza de contaminantes, metais pesados e pesticidas, no medio, etc.

Foi investigador principal en 18 proxectos competitivos e contratos de investigación, autonómicos, nacionais e internacionais, participando ademais noutros 12.

É autor de máis de 80 artigos, 53 deles publicados en revistas internacionais de referencia, 5 libros, 10 capítulos de libros e dirixiu 7 teses doutorais.

A súa actividade investigadora foi avaliada positivamente pola CNEAI de maneira ininterrompida desde o ano 1985. Na actualidade ten recoñecidos 5 sexenios de investigación.

No campo da xestión universitaria desempeñou distintas responsabilidades: secretario do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC, director do Departamento de Bioloxía Celular e Molecular na UDC, director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) (2005- 2009). Vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías da UDC, desde 2012 a 2016.

Tamén realizou actividades de avaliación da calidade universitaria entre as que destacan: presidente da comisión do Programa Docentia da Universidad de Extremadura, vogal e presidente da comisión de avaliación de proxectos de innovación educativa da Universidad de Granada, presidente da Comisión de seguimento e Certificación do Programa Docentia de ANECA, presidente da Comisión de Titulacións de UNIBASQ do País Vasco etc. Na actualidade é presidente da Comisión de Titulacións da rama de Ciencias en UNIBASQ.

 

Reitor

Julio E. Abalde Alonso
teléfono881 01 1144
reitor@udc.gal

Secretaria

M.ª Teresa Aldao Cadierno
teléfono881 01 1145
reitor@udc.gal

Responsable de Unidade de Análise e Xestión de Datos

M.ª José Lombardía Cortiña
teléfono881 01 1253
teléfono881 01 5662
axd@udc.gal

Adxunto para tecnoloxías da información

Carlos Escudero Cascón
teléfono881 01 1201
escudero@udc.gal