A Universidade da Coruña súmase á G-Night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras, para achegar a ciencia á cidadanía

Nota de prensa

15/09/25 14:02

  • Institucional
  • Esta mañá presentouse en Vigo a programación do evento, organizado por un consorcio formado polas tres universidades públicas galegas, institutos de investigación do CSIC e outros organismos de investigación galegos (IDIS, CITMAga, CESGA e a RAGC).

 

  • O lema desta edición, que terá lugar o venres 26 de setembro de 2025, é “Conciencias Creativas”, relacionando creatividade e coñecemento científico.

 

  • A Noite Europea das Persoas Investigadoras desenvólvese de xeito simultáneo en 400 cidades de toda Europa, entres as que se atopa a cidade da Coruña, que contará con nove localizacións.

 

A Coruña, 15 de setembro de 2025.- A Universidade da Coruña súmase un ano máis á organización da G-Night, celebrada o último venres de setembro con motivo da Noite Europea das Persoas Investigadoras e que ten lugar ao mesmo tempo en preto de 400 cidades europeas.

 

Esta mañá Cristina Naya, a vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte da UDC, participou en Vigo no acto de presentación xunto con Yolanda Golías, coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, que é o órgano encargado de organizar o evento na UDC xunto cos centros de investigación da Universidade: o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC).

 

A ampla programación de actividades que terán lugar no campus da Coruña, no Campus Industrial de Ferrol e noutras localizacións destas dúas cidades. As actividades terán horario de mañá e as máis delas estarán dirixidas a escolares das distintas etapas educativas, anque tamén ao público en xeral, e xa pola tarde serán para todos os públicos. De feito, a grande oferta de actividades está concentrada a partir das 18:00 horas.

 

As actividades que conforman a G-NIGHT na cidade de Ferrol serán presenciais e están organizadas principalmente a través do CITENI. O horario será de 10:00 a 14:00 horas para o público escolar, e de 17:00 a 20:00 horas para o público familiar. Ofreceranse 12 obradoiros:

1.“Navegando por un mar en miniatura”: modelos de barcos a escala na canle de ensaios.

2.“Polímeros sostibles para a impresión 3D. É un desperdicio? Non, é un polímero 3D”, no Laboratorio de Plásticos.

3.”A mecánica de fluídos na cociña”: tanto se es afeccionado/a como chef profesional, quizais non imaxinas ata que punto a mecánica de fluídos inflúe no éxito dunha receita!

4.“Obradoiro matemáticas”, a cargo dun grupo de investigadores do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAGA): exploramos as matemáticas con material manipulable para descubrir que é un grafo.

  1. “Do ser humano á máquina: enredando coa enxeñaría mecánica”, que terá lugar no Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM). Como ensaiar o motor dun coche cando o coche aínda non se fabricou?
  2. “Visualizando a radiación nuclear e a supercondutividade”, a cargo dun grupo de investigadores do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAGA). Empregaremos unha cámara de néboa para amosar partículas alfa saíndo dun núcleo radioactivo e funcionamento dun supercondutor en levitación magnética

7.“Obradoiro de robótica intelixente”, que terá lugar no Laboratorio de Robótica.

  1. “Plásticos que desaparecen: xogando coa ciencia dos biopolímeros”: a natureza e a ciencia aliáronse para crear unha alternativa máis sostible: os biopolímeros, plásticos que poden biodegradarse; sabías que existen plásticos capaces de esvaecerse sen deixar rastro no medio ambiente?
  2. “Enerxía azul: xogando a crear o mar do futuro”
  3. Como conseguir placas solares máis sostibles
  4. A enerxía do mar
  5. Combustibles: da enerxía ao movemento

 

Tamén en Ferrol, a Asociación de Veciños de Canido, de 18:00 a 21:00, ofrecerá obradoiros pola tarde para todos os públicos relacionados coa economía do día a día e o márketing.

 

Na cidade da Coruña, as actividades terán diferentes localizacións:

 

- Na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, situada en Riazor, mostraráselles a escolares o funcionamento dun buque a través dun simulador.

- Na DOMUS, ás 12.00 horas, o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) ofrecerá tres obradoiros para grupos de escolares:

  1. Enxeñaría e ciencias da saúde.
  2. A aventura do sono.
  3. A vida celular das enfermidades.

 - No campus de Elviña terán lugar diversas actividades:

  • Visitas guiadas ao CITEEC, de 12:00 a 13:30 horas e un roteiro específico no Laboratorio de Hidráulica ás 17:00 e ás 18:00 horas, onde as persoas visitantes poderán ver algún dos ensaios que realizan a través dunha visita ao túnel de vento, á dársena de portos e costas, e aos laboratorios de Hidráulica e Construción.
  • Visitas guiadas ao CITIC, para escolares, de 10:00 ás 12:30 horas e cun total de 50 prazas, para coñecer exemplos de proxectos de intelixencia artificial, realidade virtual, realidade aumentada e robótica.

 

Xa en horario de tarde, de 18:00 a 21:00 horas, a G-Night contará con actividade en cinco localizacións diferentes da cidade:

 

-No MUNCYT poderemos desfrutar tres obradoiros:

1.“ Como aplicamos as matemáticas, a física, a química e a bioloxía para avaliar a túa condición física?”, dúas quendas ás 18:00 e ás 21:00 horas.

2.“ As meteoconsultas... o mundo dos avisos meteorolóxicos!”, dirixido a rapazada de entre 8 e 12 anos de 18:00 a 19:00 horas

3.“ Investiga en ciencia e tecnoloxía!”, dirixido a rapazada de entre 9 e 14 anos, no que aprenderán sobre a IA verde, bioinformática, circuítos electrónicos e sensores e poderán ter experiencias de realidade virtual, de 18:00 a 19:30 horas.

 

-Na Dársena la Marina (inmediacións da sede da Autoridade Portuaria), a partir das 18:00, ofreceranse obradoiros dirixidos ao público familiar sobre como a investigación en química e bioloxía nos achega a conseguir un planeta máis sustentable e saudable para todas as especies; coñecer problemáticas de contaminación ambiental; observar no microscopio plancto e microorganismos; dar a coñecer ao público xeral distintos efectos do vento sobre as estruturas interactuar con diferentes máquinas de enxeñería; avaliar o estado dos xeonllos realizando probas sinxelas; dar a coñecer técnicas de separación na inmunoterapia.

Como novidade este ano haberá un haima de charlas divulgativas, a partir das 18:00 horas, dirixidas ao público adulto, sobre temáticas moi diversas: exercicio terapéutico en dor pelviano crónico; a conduta autolesiva non suicida; sensores e IA para coidar o medio ambiente; estudo sobre a dieta e a competencia entre os nosos peixes; o cambio climático e a súa relación coa nosa pegada ecolóxica e hídrica; algúns dos nesgos xerados pola IA; e solucións xeolóxicas sostibles para coidar do planeta.

 

Ao mesmo tempo, no Árnica Bar, a partir das 18:00 horas, tamén haberá charlas dirixidas ao público adulto sobre: os músculos do solo pelviano; a investigación educativa na formación docente; os datos que se poden obter dos fósiles; o papel do océano como sumidoiro de carbono; o uso da IA na medicina personalizada e para combater a desinformación e a linguaxe abusiva en redes sociais; a concienciación sobre o patrimonio histórico e construción de madeira.

 

A participación en todas estas actividades é gratuíta e presencial. Toda a información detallada das actividades está na páxina web: https://gnight.gal, no código QR presente nos carteis do evento e nas seguintes redes sociais do evento:

  • Facebook:https://www.facebook.com/G-Night-104749918492812/about?ref=page_internal
  • Twitter: http://twitter.com/GNight_gal
  • Instagram: https://www.instagram.com/gnight_gal/
  • YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCxH6N3UuN1f7sWko9E9FvaQ

 

Para a organización da G-Night, a UDC contou co apoio da Autoridade Portuaria da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), ademais de persoal investigador que tamén pertence ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), o Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía e Asociación Española Contra o Cancro na Coruña (AECC).
 
20250915 Presentación gnight2
20250915 Presentación gnight1

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC