First Lego League

¡Fantástica FIRST LEGO League Galicia 2015/16! 

Dende a organización da FLLGalicia queremos agradecer de novo a todos os participantes, patrocinadores e voluntarios a súa implicación nesta segunda edición organizada de novo pola Universidade da Coruña.

Presentacion_robot

 

Equipo da FLL presentando o seu robot a os xueces 

Todos disfrutamos dunha xornada festiva na que todos os rapaces e rapazas disfrutaron da ciencia e a tecnoloxía cos seus compañeiros e compañeiras, mostrando á sociedade como lles gustaría que lles ensinasen, resolvendo desafíos tecnolóxicos da vida real. 

Un total de 16 equipos participaron no campionato, sendo 10 os participantes na FLL e 6 os participantes na Jr.FLL. Todos os participantes foron agasallados coas súas medallas ben merecidas polo seu esforzo e traballo.  

Presentacion_JrFLL

Moita atención nas presentacións da Jr. FLL 

De forma especial, entregáronse os seguintes premios:

  • Primeiro Premio Fundación Scientia ó ganador: Tecnorois.
  • Premio ós valores FLL: TM Complot.
  • Premio URBASER ó Proxecto Científico: FrouxiMakers.
  • Premio ó Diseño do Robot: Jerolab 3.0.
  • Premio ó Comportamiento do Robot: Jerolab 3.0.
  • Premio ó Emprendimento: AnonymousBot.

E declaráronse estas candidaturas:

  • Candidato ó Global Innovation Award: FrouxiMakers.
  • Candidato ó Premio Urbaser: Tecnorois.

Así, o equipo Tecnorois de CPI dos Dices en Rois participará no campionato nacional de España que se celebrará os vindeiros días 2 e 3 de Marzo en Girona. 

Tecnorois_ganador

Entrega de premio ó equipo Tecnorois 

Queremos recordar tamén ós nosos patrocinadores, sen os que non sería posible a realización deste evento: 

  • Concello de Ferrol.
  • Espacio Coruña.
  • Gabadi S.L.
  • Gadis.
  • Conexiona.
  • Neodyn.
  • Tech Academy.
  • Codemonsters.
  • Todo Ocio.
  • Juega Bien.
  • Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia.
  • Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia.
  • Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia.
  • Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia.
  • Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

 

Copyright © 2014 Fundación Scientia
Todos los derechos reservados.
Fundación Scientia es el partner nacional de FIRST LEGO League.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal