O Plano de Acción Titorial (PAT) da Universidade da Coruña foi implementado co fin de adaptar a cultura de titorización do profesorado á filosofía e obxectivos neste campo marcados para o Espazo Europeo de Educación Superior.
O PAT ten como principais obxectivos mellorar a calidade formativa do proceso de titorización do profesorado e oferecer a cada estudante universitario o apoio e o acompañamento académico dunha persoa de referencia no centro de estudos durante toda a súa traxectoria formativa.
A Facultade de Filoloxía desenvolveu o correspondente Plano de Acción Titorial xa desde o curso 2007–2008, adiantándose ás directrices marcadas polo Espazo Europeo de Educación Superior. Neste momento, a totalidade do alumnado do centro, tanto de grao como de mestrado, participa nel e conta cun/ha titor/a desde o inicio dos seus estudos.
O desenvolvemento do PAT na Facultade de Filoloxía acompaña as indicacións emanadas da coordenación do PAT da Universidade da Coruña.
Pode consultar a documentación relacionada nos seguintes enlaces:
• Proxecto PAT da Facultade de Filoloxía (2011–2012): prema aquí.
• Memorias do PAT da Facultade de Filoloxía (2007–2012): prema aquí.
• Se quere consultar as directrices do PAT da UDC, prema aquí ou na icona da esquerda.
• Atribución de titor/a ao alumnado de primeiro ano do PAT 2012-2013: prema aquí.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000