Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade

 

Por que cursar o mestrado

• Proporciona formación e actualización en temas relacionados coa Literatura, Cultura e Diversidade no ámbito hispánico ou galego e portugués.

• Proporciona os fundamentos para comezar unha actividade investigadora e permite acceder a un programa de doutoramento.

• Posibilita a matrícula a tempo completo ou parcial, así como a validación de materias cursadas previamente nas condicións estipuladas polas universidades responsables.

• Ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación: Mestrado en Literatura, cultura e diversidade pola UDC e Laurea magistrale in Lingue e letterature comparate europee ed extraeuropee pola Universidade de Verona (Italia).

 

Impartirase en horario de tarde, os xoves e venres, na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.

 

Docencia

Semipresencial (240 horas presenciais)

• Profesorado altamente cualificado

• Profesorado convidado de recoñecido prestixio e especialista nas materias

• Seminarios asociados, vinculados a destacados grupos e/ou proxectos de investigación

• Titorización individualizada
 

Bolsas e axudas

Información en www.udc.es/sape/