Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade

 

Plano de estudos

 

1.º CUADRIMESTRE

Módulos comúns
Teoría e crítica nos estudos literarios e culturais

Teoría e crítica nos estudos literarios

Aproximación a algúns enfoques teóricos e críticos nos estudos literarios:
· A "herdanza clásica": retórica, estilística e poética
· A historiografía e o "canon"
· Crítica desde o humanismo liberal: Practical Criticism, New Critics...
· Crítica psicoanalítica e mitocrítica: Freud, Jung, Lacan...
· Do formalismo ruso ao estructuralismo
· Estructuralismo e narratología
· Escolas post-estructuralistas

Novos enfoques nos estudos literarios e culturais

Aproximación a novos enfoques teóricos e críticos nos estudos literarios e culturais:
· Estudos de xénero: feminismos, teoría de xénero, "QueerStudies"...
· Multiculturalismo e etnocrítica
· Teoría e crítica postcolonial
· Ecocrítica: literatura e medioambiente

Literatura, cultura e sociedade

Aproximación ás relacións entre literatura, cultura e sociedade, prestando especial atención a escolas teórico-críticas que parten de postulados sociolóxicos e/ou de base marxista:
· Canon, campo literario, estudos sistémicos, teoría dos polisistemas
· Crítica de base marxista: materialismo cultural, neo-historicismo?
· Estética da recepción

Tecnoloxías e métodos para os estudos literarios e culturais

Métodos e técnicas para a elaboración e presentación de traballos de investigación

Metodoloxía e técnicas para a elaboración e presentación de traballos científicos, patróns formais para a presentación de traballos por escrito e a sua defensa oral, uso de distintos métodos de referencias bibliográficas e recursos dispoñibles para o investigador.
· Tipos de traballos de investigación
· Programación dun traballo de investigación
· Obtención e clasificación da información
· Estrutura e redacción do traballo
· Patróns formais para a presentación de traballos por escrito
· Defensa e presentación oral do traballo de investigación

Estudos do libro e edición

Historia do libro: estudo da transmisión textual manuscrita, impresa e dixital. Teoría e práctica da edición de textos: estudo dos métodos e fases da edición textual.
· A materialidade do libro
    - A transmisión textual manuscrita e impresa
    - Do libro medieval ao libro electrónico
· A edición de textos
    - Diferentes tipos de edición
    - Procesos na edición de textos
    - Os complementos (Introdución, aparato crítico, notas, material adicional)
· Aplicacións bibliográficas
    - A descrición normalizada do manuscrito e o libro antigo

Recursos para a investigación da literatura

Ferramentas e fontes de información impresas e dixitais para a investigación nos estudos literarios e culturais, con especial atención ás tecnoloxías da información e a comunicación.
· Recursos para a investigación literaria
· Fontes tradicionais
· Fontes electrónicas
· Outros recursos

Literatura, cultura e arte

Literatura e espectáculo

Estudo da literatura en relación coas diferentes manifestacións escénicas: teatro, danza, música, cinema, festa.
· Relacións entre texto e artes escénicas
· Discursos en que se relacionan literatura e espectáculo
· Recursos e métodos para a investigación interdisciplinar

Literatura e arte

Estudo da literatura en relación coas diferentes manifestacións artísticas: pintura, escultura, música etc.
· Literatura e artes plásticas
· Literatura e música
· Aplicacións prácticas da interacción dos discursos artísticos

Literatura e medios de comunicación

O discurso literario e os medios de comunicación: prensa, radio, televisión, internet.
· Interseccións entre literatura e medios de comunicación
· Xéneros discursivos nos medios de comunicación
· A literatura na sociedade dixital

 

2.º CUADRIMESTRE

Módulos específicos

Literatura e cultura no ámbito hispánico

Tradicións literarias e culturais

Profundización no estudo da literatura hispánica no marco das distintas tradicións culturais e literarias nas que se inscribe. Entre outros, atenderase a algún(s) dos seguintes aspectos:
· A herdanza clásica, a tradición románica e outros legados
· Os mitos
· Tradición culta e tradición popular

Literatura e xénero

Estudo avanzado de textos literarios priorizando o xénero como categoría de análise. Entre outros aspectos, atenderase a algún(s) dos seguintes:
· Feminidade, masculinidade e sexualidade na literatura e nas artes plásticas e visuais.
· A institución literaria e as mulleres. Sobre a necesidade de revisión do canon.
· Achegamento a distintas producións literarias significativas desde a perspectiva dos estudos de xénero.

A literatura e o seu entorno sociocultural

Estudo avanzado dos procesos de creación e difusión dos textos literarios na súa contorna sociocultural. Entre outros aspectos, atenderase aos seguintes:
· Mecenado e literatura
· Círculos de difusión: o texto e os seus contextos
· Usos e funcións da literatura

A recepción da literatura

Estudo avanzado dos procesos de recepción dos textos literarios, con especial atención ás variables históricas nos modelos de produción e difusión, e os seus efectos sobre os modelos de recepción ou lectura. Profundarase no estudo dalgunhas das seguintes liñas temáticas:
· Historia e análise da produción e recepción dos textos literarios
· Oralidad e escritura. Do manuscrito aos impresos
· Lectores, libros e bibliotecas

Literatura e outras lenguaxes artísticas

Estudo avanzado das relacións entre a literatura e as demais artes. A partir da lectura e análise de obras significativas profundarase nalgún(s) dos seguintes temas:
· Literatura e imaxe
· Literatura e artes escénicas
· Literatura e outras artes

Vangardas e literatura

Estudo avanzado dos procesos culturais de ruptura no sistema literario. Atenderase a algunha(s) das seguintes liñas temáticas:
· A dialéctica do cambio literario. Continuidade e ruptura
· O concepto de vangarda. Vangarda histórica e posvangarda.
· Estudo particularizado dos exemplos da renovación estética.

Tendencias da literatura actual

Estudo avanzado dalgunha das novas direccións seguidas na literatura actual. Profundarase nalgún(s) dos seguintes temas:
· Tendencias actuais na poesía
· Tendencias actuais nas narrativa
· Tendencias actuais no teatro
· Tendencias actuais no ensaio

Literatura e cultura no ámbito galego-portugués

Actualizacións das tradicións literarias e culturais

Estudo e análise crítico das tradicións e das transferencias literarias e culturais, incluíndo as vangardas modernas e os procesos actualizadores ou apropiadores dos espazos literario-culturais propios e alleos.
· Tradición, transferencia e contacto cultural.
· A cultura clásica na literatura e na arte contemporáneos.
· Temas e mitos doutras culturas nas literaturas e nas manifestacións artísticas do ámbito galego-portugués.
· A literatura e a cultura medievais na época contemporánea.
· A tradición da ruptura: vangarda e vangardas.
· A literatura popular e as súas actualizacións.

Literatura e xénero

A aplicabilidade do paradigma dos estudos de xénero á análise da sociedade e das súas manifestacións culturais e artísticas, en particular ao caso dos sistemas literarios galego e de lingua portuguesa.
· A análise de como, en diferentes épocas históricas, é entendida a escritura e/ ou a produción artística de mulleres, tanto na perspectiva do público e da institución literaria, como na das propias autoras.
· Os estudos de xénero.
· A crítica da representación formulada na literatura e nas artes plásticas e visuais. Imaxes da feminidade, masculinidad e sexualidade.
· A institución literaria e as mulleres: diagnóstico dunha relación problemática. A necesidade de revisión do canon.
· Mulleres na literatura. Aproximación a obras das literaturas galega e de lingua portuguesa á luz dos estudos de xénero e/ou da crítica feminista.

Literatura, memoria e historia

Estudo e análise da produción, transmisión e recepción das obras literarias que reconstrúen a memoria e/ou a historia, individual ou colectiva.
· As representacións artísticas do pasado e a súa relación coa historia: a novela e o teatro histórico.
· O papel social e político da ficción histórica.
· Ficción histórica e construción nacional.
· Representacións da memoria: o relato autobiográfico.

Relacións literarias e culturais no espazo lingüístico galego-portugués

Estudo dos principais elementos e instrumentos culturais que explican tanto o funcionamento como as relacións entre os varios sistemas que conforman o espazo cultural galego-portugués.
· Espazos culturais galego-portugueses: principais características e materiais (constituíntes e compartidos).
· Principais axentes e repertorios de mediación nos sistemas literarios no espazo galego-portugués: Saudosismo, Neotrovadorismo, Iberismo, etc.
· Relaciones literarias e culturais no intersistemalusófono. Principais institucións, eventos e produtores/as.
· Industrias e políticas culturais: mecenado, lexislación e planificación.

Literatura, cultura e identidade

Aproximación ao estudo da expresión da identidade nas súas diferentes formas: nacional, étnica, social, persoal etc., tanto nos textos literarios, como noutros ámbitos da representación cultural e visual.
Aproximación ao estudo do modo en que se presentan as relacións entre identidade, diferenza e alteridade nos diversos xéneros literarios ou noutros ámbitos da representación cultural e visual.
1. Literaturas e identidade nacional:
· Discursos e procesos de construción e representación identitaria na literatura.
· Tradición e identidade: folclore, mitoloxía e simboloxía nacionais.
· Espazo, nación e xénero.
2. Identidade e dinámicas transculturales:
· Viaxes, migracións e diásporas.
· Imaxinar o/a outro/a: representacións literarias e culturais da alteridade. O discurso colonial.
· Perspectivas poscoloniales: etnocentrismo e desigualdade.

Relacións interartes

Estudo e análise crítico da relación entre as diversas artes, así como dos procesos de transitividade e reciprocidad que, entre elas, prodúcense nas distintas tendencias epocales no ámbito galego-portugués.
· Literatura e artes plásticas
· Literatura e cinema
· Literatura e artes escénicas: literaturas perfomativas
· Modos e espazos interartes: a ciberliteratura

Discursos críticos e procesos de canonización

Estudo dos principais elementos e discursos presentes na construción de comunidades culturais, así como dos medios, estratexias e procesos de construción e naturalización de ideas sobre a cultura, a arte e a propia comunidade no ámbito galego-portugués.
Estudo dos principais discursos crítico-metodolóxicos e procesos de canonización actuantes no intersistema cultural vehiculado en lingua galega ou portuguesa.
· Crítica e cultura. Función da crítica nos sistemas culturais. Diferenzas entre crítica, historiografía e teoría literaria/cultural.
· Procesos de canonización. Criterios e estratexias de atribución de valor e creación de sentido.
· Teoría(s) da crítica literaria e cultural. Crítica e conflito. Crítica e identidade.
· Alternativas críticas.
· Discursos críticos e procesos de canonización en Galicia, Portugal, Brasil e PALOP.