A Facultade | Graos | Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade
O máster interuniversitario e interdepartamental en Lingüística aplicada está dirixido a graduados en Filoloxía, Linguas, Lingüística, Tradución e Interpretación, Humanidades e Socioloxía, ou con formación académica afín.
Este título permite que os estudantes adquiran e/ou reforcen unha formación lingüística avanzada (módulo de cursos obrigatorios, con materias de carácter metodolóxico e fundamental) e se especialicen nun dos bloques temáticos de carácter esencialmente aplicado nos que están agrupadas as materias optativas:
· Adquisición e ensino de linguas
· Comunicación e recursos lingüísticos
· Léxico, gramática e variación
Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas (xullo)
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (xullo)
Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas (setembro)
1. Profesorado altamente cualificado.
2. Profesorado invitado de recoñecido prestixio.
3. Workshops asociados.
4. Titorización individualizada.
5. Matrícula a tempo completo ou parcial.
6. Validación de materias cursadas previamente nas condicións estipuladas polas universidades responsables.
7. Prácticas en empresas e institucións públicas.
8. Alumnado internacional.
1. Afondar no campo da lingüística teórica e aplicada e na dimensión social da linguaxe.
2. Capacitar o alumnado para que adquiran un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
3. Proporcionar os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora, cunha formación versátil e interdisciplinar.
4. Preparar o alumnado para saber actuar en entornos profesionales multidisciplinares e diversificados.
4. Capacitar o alumnado para o manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos.
5. Capacitar os estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos.
Os 60 créditos do máster están distribuídos en 2 cuadrimestres. No primeiro cuadrimestre, o alumno cursará as materias obrigatorias (24 ECTS) e dúas optativas (6 ECTS); no segundo, cursará as materias optativas (18 ECTS) e realizará as pácticas externas (6 ECTS) e un traballo de fin de máster (6 ECTS).
MATERIAS OBRIGATORIAS
Modelos e métodos na lingüística actual
Lingüística de corpus
Lingüística aplicada
Tecnoloxías lingüísticas
Recursos bibliográficos e xéneros científicos
Prácticas externas
Traballo fin de máster
MATERIAS OPTATIVAS
(escóllese 1 especialidade e cúrsanse 2 dos seus módulos)
ESPECIALIDADE 1. ADQUISICIÓN E ENSINO DE LINGUAS
Módulo A1. Lingüística aplicada á adquisición de linguas
Módulo B1. Ensino de segundas linguas
Módulo C1. Lingua de signos española
ESPECIALIDADE 2. COMUNICACIÓN E RECURSOS LINGÜÍSTICOS
Módulo A2. Linguas e tecnoloxías
Módulo B2. Comunicación profesional
Módulo C2. Mediación e planificación
ESPECIALIDADE 3. LÉXICO, GRAMÁTICA E VARIACIÓN
Módulo A3. O universo do léxico
Módulo B3. Semántica, gramática e pragmática
Módulo C3. Lingüística contrastiva e variación
Horarios (2013-2014)
Calendario de exames (2013-2014)
Primeiro cuadrimestre: do 14 de outubro ao 20 de decembro de 2013
Segundo cuadrimestre: do 20 de xaneiro ao 31 de maio de 2014
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Preinscrición: do 24 de xuño ao 8 de xullo (1ª preinscrición), do 19 de agosto ao 3 de setembro (2ª preinscrición) e do 23 de setembro ao 1 de outubro (3ª preinscrición).
Matrícula: do 20 ao 24 de xullo (1ª matrícula), do 14 ao 18 de setembro (2ª matrícula) e do 10 ao 14 de outubro (3ª matrícula)
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
Matrícula provisoria: do 9 de xullo a 7 de setembro
Publicación adxudicación de prazas (entre os matriculados provisionalmente): 10 de setembro
Matrícula: ata o 18 de setembro
Matrícula prazas vacantes: ata o 5 de outubro
UNIVERSIDADE DE VIGO
Preinscrición: do 28 de xuño ao 4 de xullo (1ª preinscrición), do 27 de agosto ao 3 de setembro (2ª preinscrición) e do 26 ao 30 de setembro (3ª preinscrición).
Matrícula: do 20 ao 24 de xullo (1ª matrícula), do 14 ao 17 de setembro (2ª matrícula) e do 11 ao 14 de outubro (3ª matrícula).
Nancy Vázquez Veiga, Universidade da Coruña, nancy.vazquez.veiga@udc.es
Gabriela Prego Vázquez, Universidade de Santiago, gabriela.prego@usc.es
Inmaculada Báez Montero, Universidade de Vigo, cbaez@uvigo.es
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000