Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada 

O mestrado interuniversitario e interdepartamental en Lingüística Aplicada está dirixido a graduados en Filoloxía, Linguas, Lingüística, Tradución e Interpretación, Periodismo e Comunicación, Humanidades e Socioloxía, ou con formación académica afín.

Este título permite que os estudantes adquiran e/ou reforcen

1. Unha formación lingüística avanzada (con materias de carácter metodolóxico e fundamental)

2. Especialización dous dos bloques temáticos:

· Adquisición e ensino de linguas
· Comunicación e recursos lingüísticos
· Léxico, gramática e variación

Saídas profesionais

· Ensino de linguas e as súas didácticas
· Mediación lingüística en empresas e institucións
· Asesoría lingüística no ámbito da planificación lingüística
· Elaboración de dicionarios no ámbito editorial
· Educación bilingüe de alumnado xordo
· Elaboración de manuais e material en liña para ensinanza de linguas.

O máster tamén permite a iniciación á investigación coa posterior matrícula no noso programa de doutoramento para a realización da tese de doutoramento. Os grupos de investigación na UDC relacionados coa temática do máster son os seguintes:

· Grupo CEI: Análise do discurso dos movementos sociais e das alternativas eco-sociais: http://cei.udc.es
· Grupo LyS: http://www.grupolys.org
· Grupo Hispania: http://lexicografia.udc.es
 

Características

1. Profesorado altamente cualificado.
2. Profesorado invitado de recoñecido prestixio.
3. Workshops asociados.
4. Titorización individualizada.
5. Matrícula a tempo completo ou parcial.
6. Validación de materias cursadas previamente nas condicións estipuladas polas universidades responsables.
7. Prácticas en empresas e institucións.
8. Entorno multicultural con alumnado internacional.

Obxectivos xerais

1. Afondar no campo da lingüística teórica e aplicada e na dimensión social da linguaxe.
2. Capacitar o alumnado para que adquiran un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
3. Proporcionar os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora, cunha formación versátil e interdisciplinar.
4. Preparar o alumnado para saber actuar en entornos profesionales multidisciplinares e diversificados.
5. Capacitar o alumnado para o manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos.
6. Capacitar os estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos.