Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Máster Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións

pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo 

 

CARACTERÍSTICAS XERAIS

• Interuniversitario (coord. pola USC)
• Único na súa especialidade en Galicia: os estudos ingleses e as súas múltiples aplicación investigadoras e profesionais
• Modalidade semi-presencial
• Horario compatible con outras actividades académicas ou profesionais
• Duración: 1 ano (con opción a cursar o título a tempo parcial)
• Orientación: investigadora incluindo unha forte dimensión profesionalizante.
• Inclue prácticas en empresas ou institucións
• Oferta: 30 prazas para as tres universidades

 

Perfil do estudantado

1. Licenciados e graduados en Filoloxía Inglesa / Estudos ingleses.
2. Licenciados e graduados noutras Filoloxías e linguas, e en Lingüística.
3. Licenciados e graduados en Traducción e Interpretación; en Humanidades e en Socioloxía (acreditando coñecementos avanzados de inglés).
4. Licenciados e graduados procedentes doutras titulacións (acreditando coñecementos avanzados de inglés).


GARANTÍAS

Antecedentes
• A boa experiencia do Máster en Estudos Ingleses: Tendencias Actuais e Aplicacións (4 edicións).
• Os programas de Doutoramento en Estudos Ingleses (sempre distinguidos coa Mención de Calidade e a Mención cara á Excelencia).


Proxección
• O Máster proporciona especialización na lingua, a literatura e a cultura das comunidades de fala inglesa, así como na relación entre o inglés e as novas tecnoloxías da información, e con disciplinas anexas coma a psicolingüística, a sociolingüística, a análise do discurso, ou os estudos de xénero entre outros. Contén asimismo materias con obxectivos de mediación cultural, orientadas á facilitar a comunicación en ámbitos coma o educativo, o xurídico ou o administrativo.
• O Máster da aceso directo ao Programa Interuniversitario de Doutoramento en Estudos Ingleses, que tamén coordina a USC. Tanto no Máster coma no Programa de Doutoramento participan destacados equipos de investigación literaria e lingüística do SUG, o que permite aos estudantes aceder, ano tras ano, a numerosas Bolsas Predoutorais da Xunta, de FPU (Ministerio de Educación), FPI (Ministerio de Economía), e a contratos de investigación financiados polos propios equipos.
• Ter o título de Máster puntúa considerablemente en oposicións á función pública (Secundaria, EOI, e outras).
• O título, polos propios contidos que se imparten, reforza e amplia a formación do estudante de cara a futuras oposicións de acceso á función pública.
• O Máster proporciona unha primeira experiencia no eido laboral de cara á solicitude de futuros empregos.