Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Medio Ambiente na Facultade de Filoloxía

 

Declaración Medioambiental da Facultade de Filoloxía

Aprobada polo Comité Ambiental da facultade o 20 de outubro de 2016 e ratificada pola Xunta de Facultade o 26 de decembro de 2016

Política medioambiental
  • Asumir un desenvolvemento sostible.
  • Manter en funcionamento un Comité Ambiental.
  • Solicitar á Oficina de Medio Ambiente da UDC que un/ha bolseiro/a sexa asignado/a ao centro.
  • Realizar unha avaliación periódica dos aspectos medioambientais da facultade.
Aforro de enerxía eléctrica e auga
  • Optimizar o consumo de enerxía eléctrica e auga.
  • Promover o seu uso responsable.
Consumo responsable
  • Promover o consumo responsable e minimizar ou optimizar o consumo.
  • Promover o uso de documentos electrónicos en lugar de papel.
  • Favorecer a adquisición ou subministración de materiais reciclables, reciclados ou co mínimo impacto ambiental posible.
  • Optar, na medida do posible, por provedores de subministracións que garanten o coidado ambiental.
Xestión de residuos
  • Fomentar a redución de residuos, o aproveitamento de materiais e a reciclaxe.
  • Xestionar os aparatos eléctricos e electrónicos de xeito que manteñan a súa funcionalidade ou poidan ser reutilizados.
  • Reciclar adecuadamente os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos avariados ou no fin da súa vida útil.
Educación ambiental e voluntariado
  • Acoller e realizar accións de formación e sensibilización.
Ambientalización curricular
  • Estimular a incorporación de competencias e contidos ambientais ás materias.
  • Promover o comportamento sostible na dinámica das materias.