Coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, atópanse en proceso de extinción as tres licenciaturas que se impartían na facultade:
• Licenciatura en Filoloxía Galega
• Licenciatura en Filoloxía Hispánica
• Licenciatura en Filoloxía Inglesa
Estas titulacións extínguense de xeito gradual dende o curso 2011-2012, de acordo co seguinte calendario:
• Curso 2011-12: extínguese o 1º curso das tres licenciaturas.
• Curso 2012-13: extínguese o 2º curso das tres licenciaturas.
• Curso 2013-14: extínguese o 3º curso das tres licenciaturas.
• Curso 2014-15: extínguese o 4º curso das tres licenciaturas.
Pode consultar a continuación os calendarios oficiais de exames das tres licenciaturas; recoméndase que xusto antes de cada convocatoria revise as datas, por se houber algunha modificación:
• Curso 2012-2013, Filoloxías Galega, Hispánica e Inglesa:
Decembro 2012 I Xaneiro-febreiro 2013 I Xuño 2013 I Setembro 2013
Se non rematou os seus estudos de licenciatura nunha titulación de Filoloxía e desexa incorporarse a unha titulación de grao, pode solicitar que se lle recoñezan as materias que figuran superadas no seu expediente.
Nas normas e táboas de equivalencias das materias se recollen as correspondencias entre os planos de estudios c como se lle recoñecerán nos grao as materias que xa superou na licenciatura.
Se ten algunha dúbida, pode dirixirse á administración do centro.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000