Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Cambio de Licenciatura a Grao, curso 2017/2018

Incorporación do alumnado de licenciaturas ao grao correspondente
  • O alumnado que non pode continuar os seus estudos debido á extinción total da ordenación académica á que pertencía o seu título e desexe proseguilos no grao que proveña deste solicitará a incorporación no grao correspondente na administración da Facultade. As persoas interesadas no cambio de Licenciatura ao Grao, deberán informarse na Administración da Facultade da súa situación académica e dos recoñecementos posibles segundo a táboa de equivalencias entre a licenciatura e o grao correspondente.
  • O prazo para solicitar o cambio para a titulación de Grao é do 12 de xullo ao 20 de setembro de 2017, e a solicitude deberá presentarse na Administración do centro.
  • As persoas que se cambien da Licenciatura ao Grao correspondente poderán matricularse ata o 06/10/2017.


Normativa sobre a incorporación ao grao do alumnado de licenciatura (curso 2017/2018)

[Aviso de prazos e formulario de solicitude]