Facultade de Filoloxía

Criterios para a admisión na Facultade de Filoloxía de alumnado internacional entrante (Erasmus+ ou bilateral) doutros centros da UDC e/ou titulacións de ramas distintas á de Artes e Humanidades (ou afíns)

 

A Facultade de Filoloxía está encantada de recibir nas súas aulas a alumnado internacional cuxas universidades teñen convenios con outros centros da UDC e/ou que estudan carreiras diferentes ás da rama de Artes e Humanidades (ou afíns).

A Xunta da Facultade, na súa reunión do 16 de decembro de 2016, aprobou as seguintes directrices, aplicables nestes casos:

Para un contrato de estudos semestral de 30 créditos, o/a estudante poderá cursar dúas materias na Facultade de Filoloxía. Se o número de créditos globais é inferior, o número de materias que poderá cursar na Facultade de Filoloxía redúcese proporcionalmente.