[Por que cursar
o máster]
Porque o mercado laboral demanda persoas
cunha alta cualificación lingüística que saiban
actuar en entornos multidisciplinares, posúan habilidades
comunicativas, coñezan e manexen linguaxes específicas,
dominen o entorno virtual e as novas tecnoloxías, saiban
xestionar e organizar a información e poidan crear contidos para
calquera medio ou soporte.
Esta complementariedade atende unha demanda
académica e profesional non cuberta con persoas que teñan
unha formación específica, como a que propón este
mestrado: un especialista no uso da lingua como ferramenta de
comunicación, oral ou escrita, independentemente do medio e do
soporte utilizados,e para a sociedade actual, a do século XXI.
O máster en Lingua e usos
profesionais prepara para actuar en ámbitos profesionais
multidisciplinares e diversificados.
O titulado poderá traballar como xestor de contidos,
documentalista, redactor, corrector lingüístico, asesor
lingüístico, mediador cultural ou lingüístico,
asesor ou técnico cultural en diferentes medios profesionais:
empresas, museos, institucións públicas, editoriais,
medios de comunicación, axencias de prensa, gabinetes de
comunicación, axencias de publicidade, fundacións, etc.