[Que é]
O máster en Lingua e usos
profesionais forma parte do programa oficial de posgrao Lingua e usos
profesionais da Facultade de Filoloxía da Universidade da
Coruña.
Cursar o máster completo conduce á obtención do
título oficial de máster en Lingua e usos profesionais na
especialidade escollida (español, galego ou inglés). Este
título, novo e único en todo o sistema universitario
galego, ten validez en toda a Unión Europea.