[Lugar]
O máster impartirase na
Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. A
Facultade conta, entre outras facilidades, con dúas aulas net para a
docencia, onde cada estudante disporá dun computador, outra aula
net de libre acceso para o estudantado, dotación audiovisual nas
aulas e unha ampla biblioteca con máis de 80.000 volumes en
libre acceso.