[Quen pode cursar
o máster ]

Poden cursar o máster os diplomados, licenciados, graduados ou calquera persoa que acredite estar en posesión dun título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país de expedición para acceder ao nivel de máster.

Tamén poderán acceder os titulados de sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologar os seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que acreditan unha formación equivalente aos títulos universitarios oficiais españois que facultan para acceder ao nivel de máster. Isto non implicará a homologación nin o recoñcemento do título previo a outros efectos que o de cursar estes estudos.

Para ser admitido, haberá que acreditar o dominio da lingua da especialidade escollida (español, inglés ou galego).