|
A Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña está no campus da Zapateira.

1. Cómo chegar en coche
A principal entrada á cidade é a avenida Alfonso Molina. Unha vez na entrada á cidade é preciso facer un cambio de sentido para tomar a dirección Campus de Elviña e dende aí tomamos a dirección Campus da Zapateira.
Ver mapa máis grande Este áchase estrada arriba tomando sempre en dirección dereita.
2. Cómo chegar en autobús urbano
A compañía de tranvías da Coruña dispón dunha liña Especial Universidade que vai desde a praza Pontevedra ata o Campus da Zapateira, cunha paraxe próxima ás estacións de autobuses e ferrocarril (ver mapa).
A frecuencia aproximada é de entre 5 e 10 minutos, cun horario ininterrompido de 7:20 a 23:05 para o periodo lectivo. Para o periodo vacacional a frecuencia diminúe e queda nunha periodicidade duns 15-20 minutos.

Para máis información, pode chamar á Compañía de Tranvías ao teléfono:
981 250 100.
|