Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Simultaneidade de graos

Información xeral  |  Detalles  |  Estrutura xeral  |  Estrutura detallada  |  Normativa  |  Matrícula  |  Máis información

 

1. En que consiste?

Constitúe unha oportunidade moi vantaxosa de poder cursar dúas carreiras a un tempo.

Na Facultade de Filoloxía da UDC pódense facer estudos, ao modo tradicional, nas seguintes titulacións, de 4 anos de duración cada unha:

· Grao en Español:  Estudos Lingüísticos e Literarios
· Grao en Galego e Portugués:  Estudos Lingüísticos e Literario
· Grao en Inglés:  Estudos Lingüísticos e Literarios

Tamén existe a posibilidade de cursar simultaneamente dúas desas tres titulacións:

Grao en Inglés  +  Grao en Español
Grao en Galego e Portugués  +  Grao en Inglés
Grao en Españo  +  Grao en Galego e Portugués

 

2. Cuanto tempo implica a simultaneidade?

En 5 cursos académicos, isto é, máis un ano que nos graos actuais, pódense conseguir as dúas titulacións, grazas aos itinerarios de simultaneidade propostos.

 

3. Como son os itinerarios de simultaneidade?

• Os cursos 1º e 2º son comúns ás dúas titulacións.
• As materias obrigatorias de 3º e 4º dos dous graos implicados distribúense entre os cursos 3º, 4º e 5º dos planos de simultaneidade.
• Entre 4º e 5º cursos cursaranse 4 materias optativas específicas de cada un dos graos.

No marco da organización en 5 cursos, o número de créditos necesario para superar o programa será de 324, apenas 84 créditos máis que un título de grao simple (240).   [+ información]

 

4. A formación adquirida será máis feble que en dúas titulacións cursadas por separado?

Non. Na simultaneidade cúrsanse todas as materias de formación básica e obrigatoria de cada titulación.

 

5. Podo personalizar o meu currículo?

Si. A Facultade oferta máis de 40 materias optativas. Coa selección entre elas pódese orientar o currículo cara aos intereses de cada estudante.

Pódese adquirir tamén una formación adicional (noutras linguas, en temas especializados) mediante o seguimento de determinadas materias optativas. Esta formación adicional quedará reflectida no Suplemento Europeo ao Título, un documento trilingüe oficial de validez internacional.  [+ información]

 

6.  Podo incorporarme en 3º?

Si. Se estás a cursar 2º curso de calquera dos graos da Facultade, podes incorporarte ao 3.º curso de simultaneidade   [+ información]

 

7. Que significa en termos económicos a matrícula nun programa de simultaneidade?

Non é necesario abonar a matrícula completa de dúas titulacións. O custo das dúas titulacións redúcese á matrícula de 5 cursos.

De obter unha bolsa do Ministerio, cubrirá os 5 cursos e as dúas titulacións (se os graos se cursan por separado non é posible obter bolsa para a segunda titulación).

A matrícula en 1º e 2º cursos corresponderá a os prezos públicos que estableza a Xunta de Galicia para un curso da rama de artes e humanidades de 60 créditos.

Os cursos 3º, 4º e 5º terán, respectivamente, 72, 69 e 63 créditos, polo que a matrícula incrementarase entre un 20 e un 5% con relación a un curso de 60 créditos.

A UDC realizará gratuitamente o recoñecemento dos créditos das materias dunha das titulacións implicadas que se fagan valer para a outra.

 



Por que estudar na Facultade de Filoloxía da UDC?
  • Mobilidade internacional con máis de 50 destinos
  • Prácticas en máis de 50 empresas e institucións da contorna
  • Grupos reducidos e ensino personalizado
  • Profesorado con acreditacións docentes e investigadoras
  • Clases prácticas de todas as linguas con profesorado nativo
  • Posibilidade de titulación dual no Grao en Inglés coa Univ. of South Wales (Reino Unido)
     
Saídas profesionais
  • Mundo editorial e xornalístico
  • Docencia
  • Xestión sociocultural
  • Tradución
  • Bibliotecas e centros de documentación
  • Publicidade e contidos web
  • Servizos de normalización lingüística
  • Investigación e crítica literaria