Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Simultaneidade de graos

Información xeral  |  Detalles  |  Estrutura xeral  |  Estrutura detallada  |  Normativa  |  Matrícula  |  Máis información

Simultaneidade de graos

En que consiste

Posibilidade de cursar simultaneamente dúas das titulacións de grao da facultade e obter 2 títulos oficiais en 5 anos:

Grao en Inglés  +  Grao en Español
Grao en Inglés  +  Grao en Galego e Portugués
Grao en Español  +  Grao en Galego e Portugués

[+ información]

 

Como son os itinerarios de simultaneidade?

Os cursos 1.º e 2.º son comúns ás dúas titulacións.

As materias de 3.º e 4.º dos graos distribúense entre os cursos 3.º, 4.º e 5.º dos planos de simultaneidade.

[+ información]

 

A formación adquirida será máis feble que en dúas titulacións cursadas por separado?

Non. Na simultaneidade cúrsanse todas as materias de formación básica e obrigatoria de cada titulación.

 

Podo personalizar o meu currículo?

Si. Mediante máis de 40 materias optativas.

A formación adicional quedará reflectida no Suplemento Europeo ao Título, un documento oficial de validez internacional.

[+ información]

 

Podo incorporarme en 3º?

Si. Se estás a cursar 2.º curso de calquera dos graos da Facultade, podes solicitar a incorporación ao 3.º curso de simultaneidade.

[+ información]

 

Que significa en termos económicos a matrícula nun programa de simultaneidade?

Non é necesario abonar a matrícula completa de dúas titulacións. O custo dos dous graos redúcese á matrícula de 5 cursos.

De obter unha bolsa do Ministerio, cubrirá os 5 cursos e as dúas titulacións (se se cursan os graos por separado non é posible obter bolsa para a segunda titulación).

[+ información]