Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Simultaneidade de graos

Información xeral  |  Detalles  |  Estrutura xeral  |  Estrutura detallada  |  Normativa  |  Matrícula  |  Máis información

 

Incorporación en 3.o curso

Aqueles estudantes que estean a cursar o segundo curso do Grao en Inglés, Grao en Galego e Portugués ou Grao en Español na UDC e desexaran cursar o Programa de Simultaneidade no curso académico seguinte, poderán acceder ao mesmo co recoñecemento das materias de 1.º e 2.º curso. Este recoñecemento terá carácter gratuíto.

A Facultade de Filoloxía proporá, para a súa aprobación polo Consello de Goberno, o número máximo de alumnos que poderá acceder por esta vía ao Programa de Simultaneidade no curso académico seguinte.

A admisión deste alumnado realizarase de acordo cos seguintes criterios:

a) A nota de acceso á Universidade, que debe ser igual ou superior á nota que se esixiu para a admisión no Programa de simultaneidade no curso académico anterior, excepto que o número de solicitudes sexa inferior á oferta anual aprobada pola UDC.

b) No caso de empate terase en conta a nota media do expediente correspondente aos 2 primeiros cursos rematados ou en proceso, tendo prioridade os que teñan 120 créditos superados.

Non se contempla o ingreso no Programa de Simultaneidade do alumnado que está a realizar cursos superiores a 2.º curso dos Graos.