Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Traballo de Fin de Grao

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes (profesorado)

Matrícula

Teño que me matricular?
Si, como máis unha materia de 4.º (ou 5.º de simultaneidade).

Algunhas condicións?
Que non che queden máis de 78 créditos para acabares os estudos.

Podo matricularme tras a convocatoria do primeiro cuadrimestre?
Si, se despois dos exames de xaneiro cumprires a condición anterior.

Onde fago os trámites?
Na Administración (andar 0). Tamén aí che poderán ampliar información.


Prazos

Cando me matriculo?
Cando te matriculares de 4º (ou 5º de simultaneidade):
a) Nos prazos de matrícula ordinaria
b) Ou, en ampliación de matrícula, despois do 1.º cuadrimestre.

Cando elixo tema e dirección?
a) Para a matrícula ordinaria publícase a oferta o día 30 de setembro e tes até o día 16 de outubro para solicitares a asignación.
b) Para a matrícula no período de ampliación, a oferta publícase en finais de xaneiro e solicítase asignación nos días seguintes.

Cando entrego o traballo?
Fixaranse dúas datas límite para a entrega, unha no mes de xuño e outra en xullo.

Con antelación a esa data:
a) O/A director/a do traballo deberá realizar un informe sobre o traballo a través da Secretaría Virtual do PDI.
b) Unha vez incorporado ese informe ao sistema de xestión, terás de solicitar a inscrición a través da Secretaría Virtual, pór o título do TFG en español, galego e inglés e anexar o TFG como PDF.
c) A seguir, deberás entregar na administración 3 exemplares impresos asinados na cuberta polo/a director/a do traballo e tamén un exemplar en formato electrónico, xunto co Anexo II ("Solicitude de defensa e avaliación").