Servizos

 

A Facultade de Filoloxía conta, entre outros, cos seguintes servizos:

• Administración do centro

Ubícase no andar 0 do edificio principal. Para acceder á súa páxina web, prema aquí.

Horario de atención: 09.00-14.00 horas.

 

Rexistro

O rexistro do centro aténdese na secretaría do decanato, no andar 0 do edificio principal (extensión 1833).

Horario de atención: 09.00-14.00 horas.

 

Conserxaría

A conserxaría do centro atópase no andar 0 do edificio principal. O persoal da conserxaría está integrado por:

Nome Posto Horario Correo-e Extensión

Víctor Manuel Trillo Sendón

Alberto Zas Patiño

José Luis Ortega Núñez

Manuel Rodríguez Pouso

Conserxe

Auxiliar de servizos

Auxiliar de servizos

Auxiliar de servizos

Mañá

Mañá

Tarde

Tarde

confilo@udc.es

confilo@udc.es

confilo@udc.es

confilo@udc.es

1713

1713

1713

1713

 

• Biblioteca

A biblioteca ocupa catro andares do edificio principal do centro (extensión 1712.) Todos os seus fondos —ao redor de 100 000 volumes e 1 000 títulos de revistas especializadas e de divulgación— son de libre acceso. Para acceder á súa páxina web, prema aquí.

Horario de atención: 08.30-21.30 horas.

 

Reprografía

O servizo de reprografía está ubicado no primeiro andar, no paso do edificio principal ao anexo (extensión 4728.)

Horario de atención: 10.30-13.00 e 16.00-17.00 horas.

Ademais, os usuarios do centro dispoñen de dúas máquinas reprográficas no edificio principal sen restricción de horarios: unha no primeiro andar, xunto ao Salón de Graos, e outra no andar –1 da biblioteca. Ambas funcionan cunha tarxeta que debe adquirirse no servizo de reprografía.

 

Aula Net

Esta aula, a 1.11, atópase no primeiro andar do edificio principal (extensión 1794.) É un aula de libre acceso que conta con 25 postos informáticos, impresora de alta capacidade en rede e escáner.

Durante parte do seu horario dispón de dous bolseiros da universidade que prestan asistencia aos usuarios.

Pode consultar aquí a normativa para a utilización das aulas net da UDC.

Horario de apertura: 09.00-20.00 horas.

 

Sala de traballo

Atópase no primeiro andar, no paso do edificio principal ao anexo, diante do servizo de reprografía. Esta sala está destinada ao traballo en grupo: é de acceso libre e conta con tomas eléctricas nos seus 50 postos de traballo e conexión wi-fi (como todo o centro).

Horario de apertura: 08.30-20.45 horas.

 

Cafetaría

Está situada no andar 0, entre o edificio principal e o anexo (extensión 4736.) Accédese a ela desde o aparcadoiro da Facultade e desde o interior do edificio principal.

Horario de apertura: 08.30-20.00 horas.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000