Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade


Localización

A Facultade de Filoloxía está situada no Campus da Zapateira da UDC, a 10 minutos en coche e 15 en bus urbano do centro da cidade (Praza de Pontevedra), e a 15-20 minutos do aeroporto. Ademais, está a 5 minutos en bus urbano desde as estacións de ferrocarril e autobuses interurbanos.

A compañía de tranvías da Coruña dispón dunha liña de bus urbano Especial Universidade que vai desde a Praza de Pontevedra ata o Campus da Zapateira, cunha paraxe próxima ás estacións de autobuses e ferrocarril. A paraxe está situada xusto a carón da facultade.

A frecuencia aproximada da liña Especial Universidade é de entre 5 e 10 minutos, cun horario ininterrompido de 7:20 a 23:05 para o periodo lectivo. Para o periodo vacacional a frecuencia diminúe e queda nunha periodicidade duns 15-20 minutos.

A liña 24 tamén conecta estes dous puntos, cun percorrido moi similar e unha frecuencia de 30 minutos.

 

Planos do centro

Pode consultar aquí os planos dos dous edificios que integran a Facultade de Filoloxía.

 
Localización na web da UDC

Pode consultar na web da UDC a ubicación da Facultade de Filoloxía, como chegar, etc.

 
Localización en Google Maps


Ver mapa más grande


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal