A Facultade | Graos | Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade

Ao comezo do ano académico a Facultade de Filoloxía organiza unha xornada de acollida para o estudantado de novo ingreso durante a cal se proporciona información sobre os estudos que se imparten, a organización académica do centro e os distintos servizos que nel se ofrecen: biblioteca, aulas de estudo, aulas informatizadas, centro de linguas, asociacións de estudantes, administración, departamentos, etc.
A devandita xornada complétase coa presenza de representantes de distintos servizos da universidade: o de cultura e deportes, o servizo de asesoramento e promoción do estudante (SAPE), o servizo de normalización lingüística, a oficina de relacións internacionais e a oficina de cooperación e voluntariado.
A Facultade de Filoloxía mantén o seu apoio ao estudantado ao longo do ano académico mediante o plano de acción titorial —polo cal o profesorado titor orienta aos estudantes en cuestións curriculares varias— e a organización de charlas e xornadas informativas sobre prácticas externas, mobilidade nacional e internacional, orientación laboral e calquera outro tema de interese para os nosos estudantes.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000