Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Plano de Acción Titorial (PAT)

O Plano de Acción Titorial (PAT) da Universidade da Coruña foi implementado co fin de adaptar a cultura de titorización do profesorado á filosofía e obxectivos neste campo marcados para o Espazo Europeo de Educación Superior.

O PAT ten como principais obxectivos mellorar a calidade formativa do proceso de titorización do profesorado e oferecer a cada estudante universitario o apoio e o acompañamento académico dunha persoa de referencia no centro de estudos durante toda a súa traxectoria formativa.

A Facultade de Filoloxía desenvolveu o correspondente Plano de Acción Titorial xa desde o curso 2007–2008, adiantándose ás directrices marcadas polo Espazo Europeo de Educación Superior. Neste momento, a totalidade do alumnado do centro, tanto de grao como de mestrado, participa nel e conta cun/ha titor/a desde o inicio dos seus estudos.

O desenvolvemento do PAT na Facultade de Filoloxía acompaña as indicacións emanadas da coordenación do PAT da Universidade da Coruña.

 

Pode consultar a documentación relacionada nos seguintes enlaces:

logo do pat na web do cufie

 

• Proxecto PAT da Facultade de Filoloxía: 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2013/2014 | 2012/2013 | 2011/2012.

• Memorias do PAT da Facultade de Filoloxía: 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2007–2013.

• Atribución de titor/a ao alumnado de primeiro ano do PAT: 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2013/2014 | 2012/2013.

• Directrices do PAT da UDC: prema aquí ou na icona da esquerda.