Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Licenciaturas  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade


Orientación laboral

 

Do interese da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña pola inserción laboral e profesional dos seus estudantes egresados dá conta tanto a existencia de prácticas profesionais nas súas titulacións (quer nas antigas licenciaturas, quer nos actuais graos, quer no Mestrado Interuniversitario en Lingüística Aplicada ou no Mestrado Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións) como a organización de Xornadas de Orientación Laboral dirixidas ao alumnado do centro, nomeadamente ao de último ano, para o informar das varias posibilidades de empregabilidade en relación coa formación fornecida na Facultade.

 

Estas Xornadas de Orientación Laboral son organizadas na Facultade de Filoloxía cada curso académico (normalmente no segundo cuadrimestre) desde o ano 2005, e nelas participan tanto persoal da UdC como profesionais en activo nos varios ámbitos laborais relacionados coa formación ministrada no centro. Se quere consultar as xornadas desenvolvidas até o momento, prema aquí.

 

Alén disto, pode consultar aquí unha listaxe de ligazóns electrónicas de interese para a súa orientación laboral no terreo da investigación, da formación e do emprego.