Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Renovación da acreditación dos títulos

O ciclo de vida dos títulos universitarios reiníciase periodicamente no proceso de renovación da acreditación, que o Real Decreto 967/2014 de 21 de novembro estabelece que sexa realizado no prazo máximo de seis anos para os títulos de Grao de 240 créditos e de catro anos nas titulacións oficiais de Mestrado.

No entanto, os tres graos ofertados na nosa Facultade -implantados no curso 2009-2010- foron atinxidos por unha moratoria que fixo con que a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) programase o seu proceso de renovación concluído o curso 2015-2016, ao mesmo tempo que os mestrados do Centro.

Así sendo, no curso 2016-2017 todas as titulacións da Facultade de Filoloxía foron albo dun proceso de renovación da acreditación que tivo como obxectivos:

- Asegurar a calidade do programa formativo ofertado de acordo cos niveis de cualificación estabelecidos e cos criterios expresados na normativa legal vixente

- Garantir que a calidade dos resultados obtidos no desenvolvemento das titulacións universitarias oficiais se corresponde cos compromisos adquiridos e verificados polo órgano de avaliación correspondente

- Comprobar que o título tivo un proceso de seguimento axeitado e que se empregou a información cuantitiva e cualitativa dispoñíbel para analizar o seu desenvolvemento, xerar e pór en andamento as propostas de mellora oportunas

- Asegurar a dispoñibilidade e accesibilidade da información pública, válida, fiábel, pertinente e relevante que axude na toma de decisións do estudantado e doutros grupos de interese do sistema universitario do ámbito nacional e internacional

- Achegar recomendacións e/ou suxestións de mellora para o título que apoien os procesos internos de mellora da calidade do programa formativo e do seu desenvolvemento, e que serán tidos en conta en futuros seguimentos e renovacións da acreditación

 

 

INFORMES DE RENOVACIÓN DA ACREDITACIÓN

Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios

Grao en Galego e Portugués: Estudos LIngüísticos e Literarios

Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios

Mestrado Interuniversitario en Lingüística Aplicada

Mestrado Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados

Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade