Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Sistema de Calidade

 

Política e obxectivos de calidade

Sistema de Garantía Interno de Calidade

Renovación da acreditación dos títulos

Seguimento dos títulos

Memorias de verificación

Memoria anual do centro

Enquisas de satisfacción

Comisión de estratexia e de calidade

Informes

Plano estratéxico da facultade

Plano de acción titorial

Orientación laboral

Avaliación docente

 

De acordo coas indicacións emanadas das axencias avaliadoras (ACSUG), o deseño e a implementación dun Sistema capaz de garantir a Calidade dos procedementos e prácticas de vario tipo ligados ao labor docente é un factor estratéxico básico para atinxir unha mellora continua dos títulos oficiais do sistema universitario, así como para que as competencias, as habilidades e as aptitudes do alumnado egresado sexan (re)coñecidas polos empregadores e pola sociedade en xeral.

Nese sentido, a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña acompaña un sistema que garante a calidade de todos os seus procesos, servizos e titulacións, entendida esta como a atención sistemática, estruturada e continua, en termos do seu mantemento e mellora, a numerosos indicadores considerados como medidores de calidade polas entidades avaliadoras correspondentes. No cadro das políticas e procesos formativos que se desenvolven quer no conxunto do Sistema Universitario Galego quer na Universidade da Coruña, este sistema interno de garantía de calidade permite a esta Facultade demostrar as boas prácticas e o bo desempeño dos seus programas e títulos, así como o compromiso de executar ou pór en andamento os medios necesarios para estes fins.

En xuño de 2016 a Facultade de Filoloxía recibiu da ACSUG a certificación da implantación do seu Sistema de Garantía de Calidade.

Para desenvolver, seguir e mellorar o sistema de calidade do centro, é esencial a Comisión de Estratexia e de Calidade da Facultade, cuxa composición e competencias se recollen no Artigo 20 do seu Regulamento de Réxime Interno. Se quere consultar quen son os seus membros actuais, prema aquí.

Nesta sección encontrará información sobre as varias cuestións relativas ao sistema de calidade da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña: Plano Estratéxico, Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC), seguimento dos títulos, memorias de verificación, Plano de Acción Titorial (PAT), orientación laboral, avaliación docente, así como outras informacións de interese relacionadas co sistema de calidade do noso centro

 

Enlaces de interese

Unidade Técnica de Calidade  I  Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías  I  ACSUG  I  ANECA