Facultade de Filoloxía · Biblioteca

 

A Biblioteca de Filoloxía distribúese en catro plantas, con 253 postos de usuario nas súas salas de lectura, a maioría deles con tomas de electricidade para computadores portátiles, e cobertura Wi-Fi en todo o seu espazo.

Dispón de cinco postos computerizados para consulta do catálogo e dos recursos dixitais, dous postos con acceso á Internet, autoservizo de reprografía, unha sala de audiovisuais con catro postos de usuario e unha sala de investigación con lector de microfilmes e escáner.

 

Pode contactar connosco en:

filoloxia.bib@udc.es

981 16 71 00, ext. 1712

Facebook Biblioteca Filoloxía UDC                                                

 Agradecémoslle calquera suxestión que nos queira achegar para mellorarmos o servizo.

 

Horario de apertura:

• Períodos lectivos: 08.30-21.30 horas.

• Agosto: 9.00-14.30 horas.

• Períodos non lectivos: o de apertura do centro

 

logo_biblioteca

logo da biblioteca-arquivo teatral francisco pillado mayor

 
Préstamo

Pode consultar a normativa de préstamo da UDC:

• Na internet, premendo aquí.

• Descargando un arquivo PDF coa guía de préstamo: prema aquí.

Nela recóllense os diversos tipos de usuario, as distintas formas e condicións de préstamo, as sancións previstas e como reservar documentos que se atopan prestados.

Pode renovar o seu préstamo de tres xeitos:

• En persoa, na propia biblioteca.

• Por teléfono, na extensión 1712.

• Por internet, a través do catálogo da biblioteca, no apartado de o meu rexistro.

 

Cursos de formación de usuarios

A Biblioteca de Filoloxía imparte cursos de formación de usuarios durante todo o ano baixo demanda: o prazo de inscrición está aberto permanentemente. Pode informarse na mesma biblioteca ou na extensión 1712.


Propostas de adquisicións dos usuarios

Os usuarios poden propor novas adquisicións, ben porque eses títulos non se atopen nos nosos fondos, ben porque o número de exemplares sexa insuficiente ou estean danados. Poden presentar as súas propostas:

• por escrito, no mostrador da biblioteca,
• cubrindo e enviando o seguinte formulario da biblioteca do centro, ou
• na web do cátalogo da biblioteca da universidade, cubrindo o formulario que pode atopar na sección de Servizos > Adquisicións.

 

 

Reprografía

A biblioteca dispón dunha máquina reprográfica para os usuarios no andar –1: para utilizala precisa unha tarxeta que pode adquirir no servizo de reprografía do centro.

 

WI-FI

Case todos os postos de lector contan con tomas eléctricas para computadoras portátiles. A biblioteca dispón de conexión inarámica á internet nos seus catro andares: para usala, debe estar dado de alta como usuario da UDCWIFI: se precisa máis información sobre como darse de alta ou como utilizar a conexión Wi-Fi, prema aquí.

Persoal

Son cinco as persoas que integran a plantilla da biblioteca. Ademais, a biblioteca conta durante algúns meses do curso con varios bolseiros colaboradores en tarefas bibliográficas. 

Nome Posto Horario Correo-e Extensión

Marta Lago Méndez

Carmen Rodríguez Veiga

Rosa Mª Martínez Val

Pilar Velasco Roel

Patricia Blanco González

Directora

Bibliotecaria

Bibliotecaria

Auxiliar de biblioteca

Auxiliar de biblioteca

Mañá

Mañá

Tarde

Mañá

Tarde

filoloxia.bib@udc.es

filoloxia.bib@udc.es

filoloxia.bib@udc.es

filoloxia.bib@udc.es

filoloxia.bib@udc.es

1711

4716

4716

1712

1712

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000