Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Dous estudantes da Facultade de Filoloxía mereceron o Premio da UDC á Excelencia Académica no Bacharelato 2017/2018

 

Dous estudantes de primeiro dos graos da Facultade de Filoloxía foron galardoados na XIII Edición de Premios da Universidade da Coruña á Excelencia Académica no Bacharelato 2017/2018.

Os estudantes que mereceron estes premios foron:

Sergio Couso Núñez (Simultaneidade dos graos en Español e Galego e Portugués)
Julia Ramil Palmeiro (Grao en Inglés)

Os premios recoñecen o esforzo e dedicación dos alumnos e alumnas que teñan alcanzado resultados académicos excelentes no seus estudos de bacharelato e que estean matriculados por primeira vez en calquera das titulacións oficiais que se imparten nos centros propios da Universidade da Coruña no curso académico 2017/2018.

A resolución do premio foi aprobada polo Consello de Goberno da UDC na súa sesión do 28 de novembro de 2017 a proposta da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria.

A facultade felicita a Julia Ramil e a Sergio Couso pola súa traxectoria e polo recoñecemento obtido.