Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Elena Canido, alumna do MIEIA/iMAES, obtén o premio Ángeles Alvariño polo seu TFM

Elena Canido Muiño, alumna no Mestrado Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións, foi premiada no V Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero Ángeles Alvariño convocado pola Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña polo seu traballo de fin de mestrado, «Musa creadora: a xove muller artista e a función das artes nas Künstlerromans de mulleres», defendido durante o curso 2016/2017.

O premio selecciona os dous mellores traballos de fin de mestrado realizados desde a perspectiva de xénero tendo en conta, entre outros aspectos, a relevancia e orixinalidade da súa temática, as achegas, a calidade do traballo e a dificultade para a súa realización.

O traballo foi dirixido pola profesora María Frías Rudolphi, do Departamento de Letras da Facultade de Filoloxía da UDC.