Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Portugal en contexto

Datas: 16, 17, 18 e 19 de outubro de 2017

Horario: 17:00 h - 19.30 / 20.00 h

Lugar: Normal (Paseo de Ronda 47, A Coruña)

Organiza: Facultade de Filoloxía


Entrada libre até completarmos o aforo

 

Para inscribirse nas xornadas, cómpre enviar un correo a xornadas.portugal@udc.gal, cunha copia do DNI adxunta, indicando a seguinte información:

- Nome completo

- Grao que se está cursar (no caso de ser estudante)


O obxectivo de Portugal en contexto é realizar unha aproximación ao país veciño que complemente e contextualice os estudos de portugués na Facultade de Filoloxía e nos centros de Ensino Medio en que se lecciona este idioma. Os destinatarios destas Xornadas son o alumnado da UDC, o profesorado e o estudantado do Ensino Medio e mesmo o público non especialista, pois esta perspectiva de divulgación, en que cabe a historia, a literatura e a cultura de Portugal, permite abarcar tamén un público externo ao ámbito universitario e escolar, cumprindo así coa responsabilidade da UDC canto á súa relación coa sociedade.

Programa

Cartel