TRABALLO DE FIN DE GRAO

As ensinanzas oficiais de grao concluirán coa elaboración e defensa pública dun traballo de fin de grao (TFG).

O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis titores.
 

Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do Grao.
 

O TFG (6 ECTS) debe ser defendido e avaliado unha vez se tiver constancia fidedigna de que o
estudantado superou o resto dos créditos do título (234 ECTS).
 

O TFG é un traballo protexido pola Lei de Propiedade Intelectual. En consecuencia, a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual, se é o caso, corresponderá a quen o realizase, salvo que se establecese doutra maneira no documento de asignación do TFG que cada estudante asine nos termos e coas condicións previstas na lexislación vixente.

A documentación xenérica para ámbalas titulación aparecen a continuación:

 

NORMATIVA

REGULAMENTO

 

CALENDARIO

CALENDARIO TRABALLO FINAL DE GRAO OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

CALENDARIO TRABALLO FINAL DE GRAO PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE

 

SOLICITUDES

SOLICITUDE DE ACCESO A PACIENTES CUP

SOLICITUDE ACCESO A PACIENTES XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA FERROL 

 

AXUDAS

AXUDAS PARA TFG EN GALEGO


ACTIVIDADES FORMATIVAS DIRIXIDAS A PROFESORADO

 - II OBRADOIRO DE PREPARACIÓN DO TRABALLO FIN DE GRAO. Titorización dos Traballos de Fin de Grao (10, 17 e 24 de novembro de 2017)

 

 

ACTIVIDADES FORMATIVAS DIRIXIDAS A ESTUDANTES