Facultade de Enfermaría e Podoloxía

Imagen del Equipo Decanal de la Facultad de Enfermería y Podología 

Benvidos a Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña, a FEP.

Estamos, dende 1990, na actualidade no edificio que se atopa nun dos pavillóns “históricos” do antigo Hospital da Mariña situado no barrio de Esteiro, do Campus Industrial, ás portas de Ferrol. Na FEP impártense actualmente as titulacións de Grao en Enfermaría e Grao en Podoloxía, sendo o único centro de Galicia onde se pode estudar esta última titulación.

A nosa oferta educativa conseguiu manter todo o interese de quen se incorpora á universidade. Máis de 110 alumnos inician anualmente o primeiro curso de ámbalas titulacións. O noso compromiso coa calidade é indubidable, repousando, en boa parte, na investigación desenvolvida polos grupos constituídos no centro, na Clínica Universitaria de Podoloxía e cunha forte relación co Servizo Galego de Saúde e con centros tecnolóxicos. Todo isto, xunto a unha longa tradición, fai que sexamos o primeiro referente en Galicia para os estudos de ámbalas dúas titulacións.

Os nosos titulados, que desde a primeira promoción en 1993 xa constitúen un colectivo de máis de 600 profesionais, gozan dun gran prestixio, no só en Galicia senón tamén noutras comunidades. Favorecendo a realización de prácticas en hospitáis, empresas e a participación en programas de mobilidade e seguindo a traxectoria dos nosos egresados, puidemos contrastar o alto nivel de preparación co que conclúen os seus estudos.

O resultado é un centro moderno, dinámico, aberto, con afán de superación. Convidámoslles a coñecernos, e, ante todo, reciban un cordial saúdo, en nome de todos os Estudantes, Profesores e Persoal de Administración e Servizos da FEP.

 

 

Séguenos en

Facebook

Twitter