Que é o e-voto?

O punto de partida dunha nova xeración de cidadáns, os “cidadáns dixitais”, debe iniciarse nas administracións educativas que son as primeiras que deben ofrecer os dereitos de relación dixital multicanle.

As Universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) impulsan diversas iniciativas en materia de Administración Electrónica (e-Universidade) e pretenden estendelas a outros ámbitos nos que o uso das tecnoloxías da información pode favorecer o exercicio dos dereitos e liberdades dos membros da comunidade universitaria. En concreto preténdese que os membros da comunidade universitaria participen no goberno e na administración das universidades mediante sistemas do denominado “voto electrónico” para elixir os seus representantes nos órganos colexiados e de goberno das universidades, así como favorecer un sistema de consulta entre os membros da comunidade universitaria. Neste senso a Xunta de Galicia, a través da súa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación e Innovación Tecnolóxica en liña coa Estratexia galega da Sociedade da Información, apoia ao conxunto das universidades públicas galegas para a posta en funcionamento de ferramentas informáticas que posibiliten o voto electrónico, o seu principal obxectivo é o impulso da administración electrónica en procesos electorais no ámbito da universidades galegas.

 

logoxunta