Preguntas frecuentes

Que é o voto electrónico?

O voto electrónico consiste na emisión de votos a través dun dispositivo telemático utilizando identificación electrónica. Isto permite a emisión de votos a través das redes de datos de forma totalmente segura.

Cales son as súas vantaxes?

O voto electrónico ofrece unha maior comodidade xa que evita o desprazamento ata as mesas electorais o día da elección. Poderás votar a través dunha plataforma moi fácil de usar que che axudará tamén a previr erros involuntarios no proceso de votación.

Ademais o sistema asegúrache unha total transparencia dos procesos electorais na medida en que se poden auditar por terceiras partes.

Todos os compoñentes do sistema son selados electronicamente por auditores que garanten que non se leva a cabo ningún tipo de alteración informática do proceso.

Como funciona?

O proceso de votación electrónica consta de catro etapas:

1. Conexión
Para cada elección no portal da universidade atoparase unha ligazón que levará á aplicación de voto electrónico.

2. Autenticación
Antes de votar, o usuario terá que autenticarse mediante o sistema de usuario/contrasinal corporativa da UDC

3. Voto
Logo da autenticación accederase á plataforma de voto electrónico que presentará as opcións de voto. Unha vez seleccionada a preferencia terá que confirmarse e logo enviar o teu voto electronicamente.

4. Imprimir o recibo de voto
Antes de saír da aplicación de votación aparecerá na pantalla un recibo de voto que se poderá imprimir e que che permitirá comprobar que o teu voto sexa contabilizado cando se publiquen os resultados. En ningún caso será posible rastrexar o emitido a través deste xustificante de voto.

Etapas do proceso de votación electrónica

etapas

É seguro votar electronicamente?

Cando se trata de eleccións, é imprescindible que a canle electrónica ofreza as mesmas garantías de seguridade e confianza que atopamos na canle con papel.

A solución do voto electrónico garante a integridade e privacidade do teu voto e está deseñado para evitar a emisión de votos múltiples:

Segredo e integridade do voto:
O segredo e a integridade do voto conséguense grazas ao seu cifrado de punta a punta, é dicir, desde o computador ata a mesa electoral. Cífrase e asínase dixitalmente o voto no ordenador antes de emitilo. O voto, unha vez almacenado nos servidores de votación, está en todo momento criptograficamente protexido; só a mesa electoral poderá descifralo e ninguén poderá manipulalo nin, obviamente, coñecer o seu emisor.

Privacidade do votante:
O respecto da privacidade conséguese grazas á separación dos datos confidenciais. Este proceso rompe a correlación entre a túa identidade e o teu voto descifrado e lévase a cabo nun servidor illado e fisicamente seguro.

Prevención de votos múltiples:
O sistema de voto electrónico tamén permite previr a emisión de votos múltiples por un mesmo votante. Primeiro, a base de datos co censo electoral indica os votantes que xa votaron para así impedirlles votar de novo. Ademais, a mesa electoral verifica as sinaturas nos votos cifrados antes de descifrar e contar os votos. No caso de que houbese un votante que votase dúas veces, a mesa electoral detectaría a duplicación ao realizar a verificación das sinaturas.

 

logoxunta