|
|
Biblioteca
ÁLBUM FOTOGRÁFICOGalería de imágenes relacionada con la biblioteca disponible en el centro. 4 imágenes
VÍDEOS / MULTIMEDIAGalería de vídeos dónde podrá obtener información visual de nuestras actividades e instalaciones. Acceder a vídeosBiblioteca
A Biblioteca da E.U. de Fisioterapia está constituida por un fondo especializado en Ciencias da Saúde, e a súa finalidade é servir de apoio o estudio, docencia e investigación que se desenvolven na Escola.
De luns a venres, de 8,30 a 21,30 h. Agosto: de 9 a 14 h.
Para localizar, acceder e consultar os fondos documentais, dispostos na súa maior parte en libre acceso. A biblioteca dispón dun punto de consulta informatizado que permite ao usuario acceder aos recursos e servicios de tódalas bibliotecas da UDC.
O usuario pode acceder persoalmente aos recursos de información ou pode dirixirse ao persoal da biblioteca para pedir orientación nas súas búsquedas e demandas de servicios.
Dende a Universidade ou externamente, pode ser consultada a información e contidos que ofrece a biblioteca en www.udc.es/biblioteca.
Permite localizar o fondo bibliográfico de tódalas bibliotecas. Para apoio á investigación pódense solicitar busquedas especializadas.
A biblioteca pon a disposición dos seus usuarios recursos documentais en formato electrónico (bases de datos, revistas e libros electrónicos...) aos que se accede dende a rede informática da UDC.
A biblioteca ofrece sesións formativas para que os seus usuarios coñezan os servicios que ofrece.
Informan ós usuarios das posibilidades que atopará na biblioteca.
Os fondos da biblioteca poden reproducirse con finalidade docente de estudio e investigación, dacordo coa lexislación vixente.
Nos puntos de consulta informatizada da biblioteca existe un buzón electrónico de usuarios para que éstes poidan deixar as súas queixas, reclamacións o suxerencias sobre o servicio da biblioteca.
|