| UNIVERSIDADE DA CORUÑA |
| información general |
| Actividades culturais |
|
15, 22, 29 abril SALON de ACTOS : ALEJANDRO de la SOTA E .T. S .A . C. C on este Ciclo de charlas-coloquio sobre os diferentes aspectos do planeamento urbanístico e os referentes arquitectónicos presentes en Galicia, a Dirección da ETSAC quere abrir un novo camiño para que as actividades culturais se identifiquen abertamente coa nosa actividade profesional. Algúns dos aspectos que se poden tratar neste ciclo dedicado á análise das políticas urbanísticas de Galicia, que agora se inicia, poden ter moito interese para os estudantes e profesores da Escola, e para o público en xeral, por estar hoxe de moita actualidade. N a Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda acábanse de facer públicas as Directrices do Planeamento de Galicia que, xunto coa recentemente aprobada modificación da Lei do solo de Galicia, intentan vertebrar o noso territorio de acordo cuns criterios urbanísticos globais. Da súa bondade e do exacto cumprimento desas premisas vai depender o futuro artellamento entre o interior e a costa, o campo e a cidade, o rural e o urbano, etc. que tanto influenza terá para os profesionais da arquitectura e do urbanismo e, consecuentemente no enfoque do ensino desas disciplinas na nosa Escola A cidade da Coruña ten diante de si un gran reto cara ao futuro, que pasa pola construcción do novo porto exterior e polo aproveitamento dos terreos que deixe baleiros o traslado das edificacións existentes ás novas instalacións portuarias. A planificación dun novo ensanche da cidade na zona de San Diego abre novas perspectivas urbanas e pode converterse no lugar de encontro dos novos desenvolvementos urbanísticos e arquitectónicos. A Escola de Arquitectura, profesores e alumnos, será moi receptiva coas propostas que se elaboren, non só para analizalas, debatelas e cuestionalas, se fose o caso, senón tamén para impulsalas e darlles o respaldo académico preciso. A cidade de Ourense é a primeira de Galicia que adaptou o seu P.G.O.M. á nova Lei do Solo e está levando a cabo unha remodelación do espazo urbano de acordo coas novas disposicións. Por outro lado está realizando obras de infraestructura e de equipamentos de gran transcendencia que nos interesa coñecer. Queremos estar informados dos pasos que se veñan dando, non só porque unha parte dos profesores e alumnos desta Escola son ourensáns, senón tamén pola súa propia importancia e pola súa repercusión que poidan ter algunhas das determinacións adoptadas. A cidade de Pontevedra sufriu nos derradeiros anos unha gran transformación urbanística, especialmente no referente á peatonalización e remodelación do Casco histórico. Así mesmo, está en execución a vía de circunvalación, de polémico trazado, e xa ten tomada decisión sobre o futuro da fábrica de ENCE. T emas, como se ve, de gran transcendencia, e moi controvertidos, que queremos coñecer de primeira man porque arrastran polémicas enervadas entre os profesionais do urbanismo, e polo interese que espertan entre a cidadanía. A Escola de Arquitectura da Coruña, a única do sistema universitario galego, quere, con esta iniciativa, servir de lugar de encontro, de difusión e de debate, dos temas que forman parte da nosa disciplina académica para dar a coñecer ao noso alumnado, de forma directa, os problemas cotiáns cos que se deberán enfrontar no seu próximo exercicio profesional. A Coruña, febreiro 2OO5 Xosé Manuel Casabella López. Director ETSAC.
P R O G R A M A : 15 abril 2oo5 . Inauguración e Charla_Coloquio de Apertura do Ciclo. 22 abril 2oo5 . Charla_Coloquio 29 abril 2oo5 . Charla_Coloquio 6 maio 2oo5 . Charla_Coloquio de Clausura do Ciclo. As charlas terán lugar no Salón de Actos Alejandro de la Sota da ETSAC , ás 12:00 h. Para presidir a mesa esperamos contar coa presencia do Excmo. Sr. Rector da Universidade da Coruña, D. Xosé Mª Barja Pérez, o Director Xeral de Urbanismo D. Martín Fernández Prado, o Vicerrector de Infraestructuras D. Xosé Lois Martínez Suárez, e a Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Dª. Teresa Táboas Veleiro.
|
|
Inicio |
Departamentos |
Plan de Estudios |
Organización Académica |