PÁXINA PRINCIPAL

 

COMO ELABORAR UNHA BLBLIOGRAFÍA

Para a elaboración dunha bibliografía hai que ter en conta, por un lado a normativa existente e por outro os distintos estilos de citas.

Existen dúas normas relativas á maneira de citar documentos para a elaboración dunha bibliografía:

NORMA ISO 690:1987, UNE 50104:1994.

NORMA ISO 690-2: 1997. Especifica á maneira de citar documentos electrónicos e partes dos mesmos (artigo electrónicos, páxinas web, listas de distribución...)

Resume da norma.

Estilo Vancouver, elaborado polo Comitê Internacional de Editores de Revistas Médicas (ICMJE) basado na norma ANSI, adaptado pola U.S. National Library of Medicine. Utilizado principalmente nas revistas de bioloxía e medicina.

Estilo Harvard: Moi utilizado en física, ciencias naturais e ciencias sociais.

Estilo MLA: Da Asociación Americana de Lenguaje Moderno.

ABREVIATURAS DE REVISTAS?

Na base de datos Ulrich pódense atopar as abreviaturas das principais revistas. Ámbito internacional.


Na web da biblioteca da Universidad Carlos III de Madrid podes atopar unha guía, Cómo citar bibliografía de como elaborar unha bibliografía. Tamén é interesante a guía Cómo elaborar referencias bibliográficas da biblioteca da Universidade de Sevilla.

 

COMO CITAR RECURSOS ELECTRÓNICOS

NORMA ISO 690-2: 1997. Especifica á maneira de citar documentos electrónicos e partes dos mesmos (artigo electrónicos, páxinas web, listas de distribución...).

Resume da norma.

BIBLIOGRAFÍA:

Assumpció Estivill ) y Cristóbal Urbano Cómo citar recursos electrónicos [recurso electrónico], en Jornadas de FESABID 1998. [consulta 20-04-2004]

Merlo Vega, José Antonio, Sorli Rojo, Ángela. Estilos de citas y referencias de documentos electrónicos [recurso electrónico] en Revista Española de Documentación Científica, oct.-dic. 2000, vol. 23, n. 4, p. 483-496. [consulta 20-04-2004]

Castillo, J. Cómo se citan las fuentes en El profesional de la información 2002, 11 (5), p. 397-398

ELABORACIÓN DUNHA TESE

CONSULTAR BASES DE DATOS DE TESES para saber se existe xa algunha tese sobre o tema elexido nalgunha Universidade do mundo. BASES EN REDE e BASES DE DATOS GRATUÍTAS.

Nomenclatura Internacional de la UNESCO para Ciencia y Tecnología. Códigos necesarios para que a tese sexa introducida na base de datos TESEO.

Na TE Guía de Tesis y Disertaciones Electrónicas atoparás unha guía da UNESCO para a creación de tesis electrónicas (TE), tesinas e traballos de investigación en formato electrónico. En inglés, francés e español.

SABER SE UN LIBRO ESTÁ PUBLICADO, AGOTADO, TÉN UNHA NOVA EDICIÓN...

Para o caso de libros publicados no noso país temos unha base de datos gratuíta que é a base de datos do ISBN producida polo Ministerio de Cultura e que recolle todos os libros publicados en España dende 1972.

Para libros publicados no mundo anglosaxón temos a base de datos Global Books in print que ofrece a mesma información que a anterior pero para libros en inglés.