Carlota Balsa Sánchez (biblioteca da Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña)
Ó realizar
un traballo para unha asignatura ou un proxecto fin de carreira, teremos que
especificar os documentos que empregamos ou consultamos, para iso dispoñemos
das seguintes normas:
ISO 690:1987, UNE 50104:1994, para citar un libro, unha revista,
un capítulo dun libro, un artigo de revista e unha patente. Texto completo
a través de Suscrinorma.
ISO
690-2:1997 para citar recursos electrónicos, é dicir bases
de datos, programas de ordenador, revistas electrónicas, listas de discusión,
etc.
Texto en español en: http://biblio.unq.edu.ar/citas.htm
Realizouse un resumo das duas normas explicando con exemplos orientativos a
descripción básica. Só incluimos os elementos obrigatorios,
se desexa ver os opcionais terá que acudir ó texto completo.
Os elementos en cursiva deben de ir en cursiva ou suliñados.
Textos electrónicos, bases de datos e programas
de ordenador
Elementos:
Autor principal
Titulo
Tipo de medio (en liña, disquete, CD-ROM, DVD e cinta magnética)
Edición
Lugar de Publicación
Editorial
Data de publicación
Data de actualización/revisión
Data de consulta (só para documentos consultados en liña)
Dispoñibilidade e acceso (só para os documentos en liña)
Número normalizado (ISBN, ISSN, etc)
Exemplos:
Kommerling. Ventanas, puertas, persianas [cd-rom]. Ver. 1. Madrid: Komerling, 2002
Construnario [en línea]. Barcelona: Construnario, 1994 [Consulta:
20 marzo 2003]. Dispoñible en web: <http://www.construnario.com>
Partes
de textos electrónicos, bases de datos e programas de ordenador
Elementos:
Autor principal
Titulo
Tipo de medio (en liña, disquete, CD-ROM, DVD e cinta magnética)
Lugar de Publicación
Editorial
Data de publicación
Data de actualización/revisión
Data de consulta (só para documentos consultados en liña)
Capítulo ou parte da obra
Título da parte ou do capítulo
Localización dentro do documento principal
Dispoñibilidade e acceso (só para os documentos en liña)
Número normalizado (ISBN, ISSN, etc)
Exemplo:
Construnario [en liña]. Barcelona: Construnario, 1994 [Consulta: 20 marzo 2003].Diccionario de la construcción. Dispoñible en web:<http://www.construnario.com/diccionario_de_la_construcción/>
Contribucións en textos electrónicos, bases
de datos e programas de ordenador
Elementos:
Autor principal
da contribución
Título da contribución
Autor principal da obra
Título da obra
Tipo de medio (en liña, disquete, CD-ROM, DVD e cinta magnética)
Lugar de Publicación
Editorial
Data de publicación
Data de actualización/revisión
Data de consulta (só para documentos consultados en liña)
Localización dentro do documento principal
Dispoñibilidade e acceso (só para os documentos en liña)
Número normalizado (ISBN, ISSN, etc)
Exemplo:
MORALES SÁNCHEZ, Juan Manuel. Tratamiento del hormigón en la instrucción EHE. En: Ciclo de conferencias pronunciadas en la Escuela Universitaria de Arquitectura Técnica de la Universidad de Sevilla [cd-rom]. Sevilla: Universidad, 2000.
Publicacións seriadas electrónicas completas
Elementos:
Título
Tipo de medio (en liña, disquete, CD-ROM, DVD e cinta magnética)
Edición
Lugar de Publicación
Editorial
Data de publicación
Data de consulta (só para documentos consultados en liña)
Dispoñibilidade e acceso (só para os documentos en liña)
Número normalizado (ISBN, ISSN, etc)
Exemplo:
Archis: magazine for architecture, city and visual culture [en liña]. Netherlands: Media competence, 1996- [Consulta: 20 marzo 2003]. Dispoñible en web: <http://www.archis.org>. ISSN 1568-2730
Artigos e outras contribucións en publicacións
seriadas electrónicas
Elementos:
Autor principal
da contribución
Título da contribución
Título da revista
Tipo de medio (en liña, disquete, CD-ROM, DVD e cinta magnética)
Edición
Número ou volume
Data de actualización/revisión
Data de consulta (só para documentos consultados en liña)
Localización dentro do documento principal
Dispoñibilidade e acceso (só para os documentos en liña)
Número normalizado (ISBN, ISSN, etc)
Exemplo:
BOUMAN, Ole. If the people want change: a brief taxonomy of populism. Archis: magazine for architecture, city and visual culture [en liña]. Feb.-Mar. 2003, n.1 [Consulta: 20 marzo 2003], p. 5-21. Dispoñible en web: <http://www.archis.org/english/archis_art_e_2003_e.html> ISSN 1568-2730
Boletíns
de noticias, listas de discusión e mensaxes electrónicas
Elementos:
Título
Tipo de medio (en liña, disquete, CD-ROM, DVD e cinta magnética)
Lugar de Publicación
Editorial
Data de publicación
Data de consulta
Dispoñibilidade e acceso
Ejemplo:
Arquitectura-l [en liña]. Venezuela, 1993- [Consulta: 20 marzo 2003]. Lista de discusión: dispoñible en: <listserv@conicit.ve>
Mensaxes electrónicas
Elementos:
Autor da mensaxe
Título da mensaxe
Título do foro ou lista
Tipo de medio (en liña, disquete, CD-ROM, DVD e cinta magnética)
Lugar de Publicación
Editorial
Data de publicación (para mensaxes non publicadas ou personais indicarase
a data de envío da mensaxe)
Localización dentro do foro ou lista
Dispoñibilidade e acceso (non se incluirá en mensaxes personais
ou sen publicar)
Ejemplo:
PARKER, Elliott. Re: Citing Electronic Journals. En: PACS-L (Public Access Computer Systems Forum) [en liña]. Houston (Tex): University of Houston Libraries, 24 Novemgber 1989; 13:29:35 CST [Consulta: 15 enero 2003]. Dispoñible en: <telnet://brsuser@a.cni.org>
Ás veces os documentos que consultamos en Internet, non amosan todos
os elementos que aquí se mencionan para a descripción.
Ás veces tamén nos atopamos con páxinas web que non especifican
claramente o autor. Neste caso buscaremos algunha ligazón coas palabras
“about us”, “quienes somos”, “acerca de”,
etc xa que adoitan a informar quen é o responsable da obra.
Se tampouco localizamos unha ligazón deste tipo existe outra posibilidade,
comprobar se o autor aparece nunha metaetiqueta da cabeceira (Head), é
dicir, vamos á barra de ferramentas do navegador e en edición
eliximos ver código fuente. Ó principio do texto e dentro de <head>
<META AUTHOR= …> pode aparecer o nome do autor.
ISO 690:1987, UNE 50104:1994 (RESUMO)
Monografías
Elementos:
Autor/es principal/is
(se hai máis de tres autores poñerase o primeiro, seguido da abreviatura
et al.)
Título
Edición
Lugar de Publicación
Editorial
Ano de publicación
Extensión (número de páxinas)
Serie
Notas
Número normalizado (ISBN)
Exemplos:
ARRICIBITA FLAMARIQUE, Joaquín et al. Manual de aislamiento de los edificios. [s.l]: Consejo Superior de Colegios de Arquitectos, 2002. 1.376 p. ISBN 84-931394-7-5
RILEY, William F. ; STURGES, Leroy D. Estática: ingeniería mecánica. Barcelona: Reverté, 1995. XX, 616 p. ISBN 84-291-4255-X
Publicacións en serie (Revistas)
Elementos:
Título
Responsabilidade
Edición
Identificación do fascículo (datas e/ou números)
Lugar de Publicación
Editorial
Ano
Serie
Notas
Número normalizado (ISSN)
Exemplo:
Técnica cerámica. -1979-. Barcelona: Pública, 1979-/. ISSN 02-11-7290
Partes
de monografías
Elementos:
Autor/es principal/is
(se hai máis de tres autores poñerase o primeiro, seguido da abreviatura
et al.)
Título común
Edición
Numeración da parte
Lugar de Publicación
Editorial
Ano de publicación
Fonte
Exemplo:
RILEY, William F. ; STURGES, Leroy D. Estática: ingeniería mecánica. Barcelona: Reverté, 1995. Cap. 6, Equilibrio de cuerpos rígidos, p. 211-255.
Colaboracións de monografías
Elementos:
Autor do capítulo
Título
Autor/es principal/is
Título
Edición
Lugar de publicación
Editorial
Ano de publicación
Fonte
Exemplo:
SANSEGUNDO, Alejandro. Técnicas de aislamiento acústico en los edificios. En ARRICIBITA FLAMARIQUE, Joaquín. Manual de aislamiento de los edificios. [s.l.]: Consejo Superior de Colegios de Arquitectos, 2002, p.79-239
Artigos nas publicacións en serie (revistas)
Elementos:
Autor/es do artigo
Título do artigo
Título da Revista
Fonte (ano, volume, número e páxinas)
Exemplo:
ESCUDER, E. ; PÉREZ, M.J. ; PERIS-FARAJAMÉS, G. Producción cerámica española: necesidad de una reflexión. Técnica cerámica. 2001, n.12, p.1554-1565.
Patentes
Elementos:
Solicitante
Título da invención
País ou oficina que o emite
Clase de documento de patente
Número
Data do documento
Exemplo:
CARL ZEISS JENA, VEB. Anordnung zur lichtelektrischen Erfassung der Mitte eines Lichtfeldes. Erfinder: W. FEIST, C. WAHNERT, E. FEISTAUER. Int. Cl. GO2 B 27/14. Schweiz Patentschrift, 608 626. 1979-01-15