información xeral e servicios    catálogo    boletín de novas adquisicións    bibliografía recomendada    arquitectura na rede

 

CÓMO CONSULTAR AS REVISTAS

Na Biblioteca podes atopar revistas de arquitectura, urbanismo, construcción, paisaxismo, deseño, arte, informática…  Tódalas revistas que se reciben na actualidade atopanse na Hemeroteca,en libre acceso, ordeadas alfabéticamente e con cadanseu archivador de sumarios verde.

Na biblioteca existen outras revistas que non se reciben na actualidade. Éstas atópanse nunha sala especial e non están en libre acceso. Se queres consultalas tés que pedilas no mostrador da biblioteca. Dispós dos sumarios para a súa consulta ordenados alfabéticamente na derradeira estantería da hemeroteca en archivadores vermellos.

Na páxina web da biblioteca tamén podes atopar algúns sumarios electrónicos das revistas que recibimos.

As revistas están excluídas de préstamo, polo que únicamente se poden consultar na biblioteca. Se o desexas podes facer fotocopias, para o que dispós dunha fotocopiadora na hemeroteca.

Pasos a seguir para a consulta das revistas:

Quero consultar un número concreto dunha revista

• O primeiro que teño que saber é se esa revista a temos na biblioteca, para o que terei que consultar o catálogo.
• Se a revista está na biblioteca comprobarei que efectivamente o número desexado tamén o está.
• Buscarei na hemeroteca o título e o número en cuestión.
• En caso de que a revista figure no catálogo como pechada solicitala no mostrador.
 

Desexo consultar un artigo, coñezo o título da revista pero non sei en qué número saíu:

• Consultarei os sumarios desa revista. Unha vez localizado xa poderei buscalo.
• Ou ben consultarei nunha base de datos da área (arquitectura, construcción, arte…) cál é o número no que aparece.
 

Preciso artigos sobre unha materia determinada (un arquitecto, unha obra, un tema…):

• Consultarei as bases de datos suscritas pola universidade (AVERY, URBADISC, CSIC…).
• Unha vez que teña a lista de artigos comprobarei no catálogo se temos as revistas nas que aparecen e os números.
• Irei á Hemeroteca a buscar o número desexado ou, se está pechada falarei con calquera dos bibliotecarios para a súa consulta.

Se te percatas de que falta algún número fala co bibliotecario. Pode estar en encadernación ou ben pode estar perdido.

Trata con moito coidado as revistas, pensa que teñen que pasar por moitas máns e delas depende a súa conservación.