¿Cómo buscar información sobre un tema (materia,
arquitecto, edificio…) determinado?
¿Qué
desexo buscar?
As primeiras preguntas que me teño que facer son: “¿qué desexo buscar?”, “¿de cánto tempo dispoño para buscar?”, “¿qué extensión ten que ter a información?”, “¿qué grado de profundidade?” e especificar a procura o máis posible:
- O grado de profundidade desta (non será o mesmo para un traballo de clase no primeiro ciclo que para a realización dun traballo fin de carreira, unha tese …) .
- Partir dos coñecementos que xa teño sobre a materia, que servirán para desbotar aspectos coñecidos e, o mesmo tempo, como base para atopar cousas novas (se p.e. coñezo o autor e o ano de construcción dun edifico será máis doado atopar a información que se unicamente sei que é unha casa modernista na Coruña).
- No caso de tratarse dunha procura sobre un tema buscarei as “palabras clave” (téminos específicos que definen o que busco, así coma sinónimos e outros máis amplos e que teñas relación con éste) e a ser posible nos principias idiomas: español, inglés e francés.
¿Onde buscar?
Segundo a nosa necesidade de información e a profundidade da mesma utilizaremos un ou outro recurso:
-
Catálogo da biblioteca: cando se trata
dunha procura sobre un tema, arquitecto ou edificio é o primeiro lugar
ao
que debemos dirixirnos. Tendes
4 opacs (catálogos en línea) disponibles
na
biblioteca e ademáis podedes facer a procura en
calquera outra biblioteca
ou por Internet tamén
dende fóra da universidade. Para
facer unha procura no
catálogo consulta a nosa guia.
- Bases de datos: Son conxuntos de información estructurada que fan referencia a outros documentos (artigos de revistas, teses, monografías, actas de congresos, documentos legais, datos estadísticos, normas…). Estos documentos poden estar simplemente referenciados na base de datos (unicamente datos identificativos, como p.e o título, autor, data, revista no que aparece, etc. dun artigo) ou ben a texto completo. Podes consultar bases de datos gratuítas en Internet ou ben as bases de datos subscritas pola universidade (éstas últimas teñen acceso restrinxido aos nosos ordenadores). Buscaremos nelas cando se trate dunha busca específica e non sexa suficiente co que atopemos no catálogo, para información máis actualizada…
-
Portales temáticos de recursos: Como
sabedes, en Internet se poden atopar moitas cousas boas, pero tamén é
moita a información errónea o sen calidade científica a que está presente. Ti es
quen debe precisar o grado de rigor da túa procura e a fidelidade dos resultados.
Moitas institucións ofrecen recursos na
súa páxina
web. Sempre buscaremos
institucións de prestixio: bibliotecas
universitarias, colexios de arquitectos, institutos
internacionais ou
nacionais de arquitectura, grandes portais temáticos de carácter científico (American
Planning Association, Riba,
Architectural Historians, BROWN, Jeanne.
Instituto Español de Arquitectura y
Urbanismo…) de calidade que fan
unha selección de recursos por materias:
-
Scirus
¿Cómo facer a procura?
1. Definiremos unha serie de criterios de busca: período que vai cubrir, os idiomas e o tipo de documentos (artigos, monografías, teses…).
2. Segundo o recurso seleccionado traduciremos as palabras clave ao idioma deste (se é unha base de datos do ámbito anglosajón, como é ao caso da meirande parte, terán que ir en inglés).
3. Estableceremos a nosa estratexia de busca. Existen unha serie de estratexias de busca aceptadas na maioría das bases de datos e buscadores, aínda que sempre debemos consultara a axuda específica para cada recurso de información porque cada un tén as súas particularidades.
- Operadores boléanos e de proximidade: Os boléanos teñen base en tres operacións lóxicas: a suma (OR), intersección (AND) e diferencia (NOT).
OR - Recupera os documentos que conteñen algún de los terminos escritos.
Exemplo: enerxía or solar, o resultado serían tanto os documentos que traten sobre enerxía (todo tipo) coma os que traten de aspectos solares.
Utilizarémolo fundamentalmente para:- unir sinónimos e térmos equivalentes- variantes de formas verbis, xénero ou número- términos relacionados.Lo que queremos en este caso es lograr el mayor número de registros posibles.
AND - Recupera los documentos que contienen los tres términos escritos.
Exemplo: enerxía and solar, o resultado serían os documentos que traten sobre enerxía unicamente solar.Utilizarémolo acotar unha procura e facela máis específica.
NOT - Recupera os documentos que non conteñen un dos términos escritos.
Exemplo: enerxía not solar, o resultado serían os documentos que traten sobre enerxía excluíndo a solar.Deberemos utilizalo con prudencia, xa que podemos deixar fóra rexistros que nos poidan interesar.
- Hai outros operadores: Os operadores de proximidade varían segundo o recurso e no todos os admiten (near ou adj para buscar términos mási preto), de rango (> < ou =, para limitar por datas).
- Ademáis temos os truncados (* e ?) comodíns para buscar palabras cunha mesma raiz ou singulares/plurales).
- Se queremos buscar unha frase exacta a maioría dos buscadores e moitas bases de datos aceptan as comillas(“término término”).
Se despois de todo isto:
Os
resultados da busca son tremendamente amplos,
moito máis do que me interesa.
Proba a limitar a procura: introduce os términos nos campos máis adecuados (campos de materia, título, xeográficos), limitaa a un período de tempo determinado (poden ser os últimos 5 anos se o que queres é información punteira), limita por idiomas que entendes mellor. Seguro que así os resultados son moitos menos.
E…
¿se non atopo nada?
Revisa a túa ortografía, pode que teñas algún erro. Utiliza sinónimos, terminos máis amplos e relacionados, comproba os operadores boléanos e de proximidade que utilizaches.
E
LEMBRA,
estaremos na biblioteca para axudarte (de xeito presencial, por
teléfono ou por correo electrónico). Podes solicitarnos
calquera procura bibliográfica cubrindo un formulario impreso na
biblioteca, formulario electrónico, chamándonos por teléfono
ou enviándonos un correo electrónico.