|
información xeral e servicios· catálogo· boletín de novas adquisicións· bibliografía recomendada· arquitectura na rede· PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO OU ACCESO AO DOCUMENTO |
Este servicio permite aos usuarios da biblioteca da universidade solicitar documentos que non se atopan no noso catálogo a outras bibliotecas (españolas ou extranxeiras). O usuario recibirá para a súa consulta o documento orixinal ou ben unha copia do mesmo (préstamo interbibliotecario ou fotodocumentación). Teñen dereito ao servicio tódolos membros da comunidade universitaria. Tanto o préstamo interbibliotecario como a fotodocumentación están suxetas a unhas tarifas. É preciso consultar previamente o catálogo da biblioteca para cercionarse de que as obras solicitadas non se atopan na biblioteca. Así mesmo non deberán solicitarse documentos que teñan unha doada adquisición; os documentos de publicación recente e os que están en venda nos circuítos comerciais habituais deberán ser solicitados para a súa adquisición pola biblioteca, non en préstamo interbibliotecario. Os documentos orixinales están excluídos de préstamo a domicilio e terán que consultarse obligatoriamente na Biblioteca Central sita no edificio do Rectorado da Universidade (Maestranza). Poderán facerse fotocopias parciales da obra sempre que teñan en conta a Ley de Propiedade Intelectual do país de orixe do documento. O período de tempo para a súa consulta variará dependendo do centro proveedor do documento. Así mesmo tamén varía o prazo de suministro do documento. Para solicitar un documento en préstamo interbibliotecario ou unha copia terá que cubrir un formulario electrónico. Para máis información dirixirse a: Servizo de Biblioteca
Universitaria
|